Soneira esixe a retirada urxente da disposición estatal que restrinxe o dereito á prestación sanitaria aos españois que residan máis de 90 días fóra

Soneira esixe a retirada urxente da disposición estatal que restrinxe o dereito á prestación sanitaria aos españois que residan máis de 90 días fóra

Soneira esixe a retirada urxente da disposición estatal que restrinxe o dereito á prestación sanitaria aos españois que residan máis de 90 días fóra

Marisol Soneira denuncia que con esta modificación tratarase aos emigrantes como estranxeiros no país de acollida e como inmigrantes no seu propio país

Censura esta medida por vil, ruín e insensible coa nosa historia e cualificouna como a maior canallada que se fixo coa Emigración

Recrimina a Rajoy, pola súa condición de galego, que teña impulsado a norma e a Feijóo por apoiala esquecéndose da promesa electoral aos emigrantes de América de concederlles a tarxeta sanitaria

Pide que a Xunta garanta a asistencia sanitaria, a tódolos galegos que retornen, sen ter en conta ningún límite temporal de residencia no estranxeiro, nas mesmas condicións que o resto de galegos e de galegas

A portavoz de Emigración do Grupo Socialista, Marisol Soneira, ven de defender, na Comisión Institucional unha proposición non de lei para que o Parlamento inste á Xunta de Galicia a manifestar o rexeitamento e repulsa á disposición adicional sesaxésima quinta, apartado 2, da Lei 22/2013, de 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2014.

A socialista requiriu tamén á Xunta a emprender, con carácter de urxencia, cantas accións e medidas fosen necesarias para garantir a asistencia sanitaria, a través do Servizo Galego de Saúde, a tódolos galegos emigrantes que retornen á comunidade autónoma, sen ter en conta ningún límite temporal de residencia no estranxeiro, nas mesmas condicións que o resto da cidadanía residente en Galicia.

Denuncia Soneira Tajes que, na práctica, este cambio normativo ven significar que “os cidadáns españois que residan fora máis de 90 días perden o seu dereito ás prestacións sanitarias”. Cualificou esta reforma lexislativa de “ruín, vil e insensible coa nosa historia”. E acusa aos responsables da súa redacción de ser “ignorantes do fenómeno migratorio galego”. Esta norma é “a maior canallada que nunca se fixo ao colectivo emigrante”, afirmou.

A Xunta “debera manifestar a súa repulsa por esta lexislación”, dixo e instou a que, “como xa fixeron Asturias e Andalucía, expresar que o SERGAS nunca vai tratar a un usuario dicindo que non se vai tratar como a un estranxeiro”.

Censurou que Rajoy, “un presidente galego, fixera esta modificación da lei”. Unha norma pola que tódolos españois obrigados a emigrar para buscarse a vida e se vexan obrigados a residir no estranxeiro máis de 90 días, serán tratados pola Seguridade Social do seu país coma inmigrantes e que, “resulta curioso, a un español que faga unha viaxe a Suíza para abrir unha conta, en 48 horas ten un capitalito e conserva a asistencia sanitaria no seu país”.

A deputada socialista rexeitou a comparecencia que na Comisión de Sanidade fixo o Secretario Xeral Técnico da consellería, xustificando a modificación lexislativa. Lamentou a presenza “na Administración de autómatas con corazón de ferro”.

Advirte a socialista que a interpretación ampla do texto legal, á que fixo referencia o alto cargo da Xunta non é garantía suficiente para os emigrantes. Puxo como exemplo a “lexislación que agora lle aplican aos retornados en materia fiscal, a letra era a mesma cos anteriores gobernos, sexa cal fora a súa cor, pero o criterio de aplicación non, con este mudou. Agora outro goberno aplica outro criterio” e procédese a cobrar os atrasos por unhas percepcións que ignoraban que tiñan que declarar.

O mesmo sucede agora. Por esta razón a socialista convidou, sen éxito, aos populares a apoiar a súa iniciativa “ e non ser cómplices da ruindade e a vileza desa norma”.

EMIGRANTES EN SUÍZA E EN AMÉRICA OU MARIÑEIROS BAIXO BANDEIRA DE TERCEIROS

Marisol Soneira chamou a atención sobre os miles de cidadáns que marcharon para Suíza “á aventura, na procura dun contrato e que, tras o referendo, poden ser expulsados como ilegais, e tratados, de regreso, como estranxeiros no seu país”.

“Que faremos cos mariñeiros embarcados baixo bandeira de terceiros países sen convenio de Sanidade?”, preguntou a deputada.

Recordou que Feijóo prometera a todos os emigrantes en América a tarxeta sanitaria no noso país. “Sácase o programa a ventilar para recortar deputados, pero onde está cando prometeu tarxetas aos emigrantes retornados?”, reprochou Soneira.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar