Soneira esixe a comparecencia da conselleira do Mar por executar menos da metade do orzamento de 2010

Soneira esixe a comparecencia da conselleira do Mar por executar menos da metade do orzamento de 2010

Soneira esixe a comparecencia da conselleira do Mar por executar menos da metade do orzamento de 2010

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia ven de solicitar a comparecencia da conselleira do Mar no Parlamento por ter executado menos do 50 por cento do seu orzamento correspondente a 2010. A parlamentaria socialista presentou unha batería de iniciativas parlamentarias pola “incapacidade manifesta de administrar con eficacia” os recursos do departamento.

Soneira sinala que, de acordo cos datos de execución orzamentaria, a Consellería do Mar deixou sen investir un total de 176 millóns de euros correspondentes ao exercicio de 2010. Esta situación, dixo, resulta “especialmente grave” como “mostra de incompetencia nunha situación de crise económica como a que vivimos e onde o financiamento público pode actuar de motor dinamizador”.

Explicou que Mar só executou o 46,2 por cento do orzamento correspondente a 2010, só superada pola Consellería de Economía e Industria, que só executou o 42,2 por cento do seu orzamento. Estes datos son aínda peores, explica, si restamos o Fondeo Europeo de Pesca e as transferencias finalistas do Estado, que o departamento de Mar tramita pero non xestiona.

De acordo con estes datos, os niveis de execución deste departamento en 2010 resultan incluso inferiores aos de 2009, situándose por debaixo do 40 por cento do orzamento propio do departamento. Soneira presentou por iso a solicitude de comparecencia da conselleira en Comisión parlamentaria, unha Interpelación e unha serie de preguntas parlamentarias para que dea conta da súa xestión.

Soneira pregunta tamén ao PP polas súas propias conclusións diante destes datos, tendo en conta que durante a pasada lexislatura chegaron a pedir a dimisión da conselleira de Pesca cando tiña uns niveis de execución substancialmente máis elevados que a actual responsable do departamento.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar