Soneira di que o goberno de Feijoo deixa tirado ao sector mexilloeiro de Galicia

Soneira di que o goberno de Feijoo deixa tirado ao sector mexilloeiro de Galicia

Soneira di que o goberno de Feijoo deixa tirado ao sector mexilloeiro de Galicia

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira interveu na Comisión 8º do Parlamento para reclamar, mediante unha proposición non de lei, abordar tódalas accións que fosen precisas en dereito para recorrer a multa imposta pola Comisión Nacional da Competencia ao sector mexilloeiro galego. E tamén apoiar as accións que neste mesmo sentido leven a cabo as organizacións representativas do sector. A proposta foi rexeitada polo PP. Alí criticou que o Goberno de Feijoo deixa tirado ao sector neste asunto e, en contrapartida, impón unha taxa absolutamente abusiva na transmisión patrimonial das bateas. “ Esta é a realidade da axuda da Xunta ao sector mexilloeiro”, espetou.
A deputada socialista dixo que non parece razoable impor sancións por prácticas monopolísticas cando a propia Comisión Nacional da Competencia (CNC) recoñece na súa resolución que os prezos veñen mantendo unha baixada continua ao longo dos anos e que, incluso, recoñece unha baixada do 20% dos prezos destinados a exportación pola súa adecuación as regras do mercado. “Como pode ser posible que se impoña unha multa por algo que se recoñece que non aconteceu” preguntouse. Ademais asegurou que a Xunta non defendeu ao sector mitícola diante da CNC o obviar a evidente participación de distintos conselleiros, e a propia Rosa Quintana Carballo, dende 1997 ate 2008 na constitución das distintas Organizacións de Produtores e reunións diversas ao longo deste período de tempo. “E lamentable –dixo- o xeito que ten a Conselleira do Mar e o Goberno Galego de eludir a súa responsabilidade e deixar tirado os productores de mexillón.

Asegura que os responsables deste situación teñen nomes e apelidos como Amancio Landin, Rosa Quintana , Enrique López Veiga ou Maneiro. Dixo que a Xunta de Galicia esta defendendo ao lado equivocado do asunto, e preguntou porque na recente visita do Conselleiro de Industria á Comisión Nacional da Competencia non se interesou por este problema “ou é que o sector do mexillón non é importante?”, insistiu.
Soneira lembrou na súa intervención que o sector mexilloeiro, con máis de 3.300 bateas, xera uns 11.500 postos de traballo directo (dos cales 8.500 son fixos) e 7.000 indirectos e un volume de facturación anual que oscila entre os 120 e 150 millóns de euros en primeira venda, constituíndo un sector estratéxico no desenvolvemento económico presente e futuro da comunidade galega. Sinalou que Galicia é líder mundial no cultivo de mexillón para o consumo humano.
A Xunta non moveu un so músculo para compensar a prohibición do lirio
Na citada comisión Soneira interpelou á Xunta as axudas da Administración Autonómica pola prohibición de pescar lirio, por esgotar España a cota asignada. Alí denunciou que a Consellería do Mar non aportou ningunha proposta, nin tampouco presentou ningunha modificación ao recorte do 93% presentado pola UE. Por iso emprazou ao executivo autonómico “a deixar de facer demagoxia e asumir as súas responsabilidades”. E preguntou que donde estaba a preocupación da Comunidade Autónoma cando se presentaron estes recortes, e tamén preguntou “que representante enviou a Xunta de Galicia a esta reunión”, e insistiu “donde esta a preocupación do Goberno de Feijoo neste asunto?”.
E insistiu na súa argumentación “dende o PSdeG non compartimos o brutal recorte e asumimos os erros dende tódolos estamentos”. Ademais lembrou que o Goberno Central destina 9.8 millóns de euros por mor desta prohibición, e critica que o Goberno de Feijoo “non moveu un so músculo para axudar aos pescadores galegos”, resumiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar