Soneira di que a Xunta so maquilla as estadisticas do furtivismo, mentres o problema aumenta en Galicia

Soneira di que a Xunta so maquilla as estadisticas do furtivismo, mentres o problema aumenta en Galicia

Soneira di que a Xunta so maquilla as estadisticas do furtivismo, mentres o problema aumenta en Galicia

 A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, acusou hoxe á Xunta de “deixación de responsabilidades” ao “trasladar ás confrarías e ás agrupacións de mariscadores” a loita contra o furtivismo. Soneira presentou unha pregunta oral na Comisión de Pesca de hoxe na que instou á Xunta a “abordar un problema serio”. Alí dixo que a Xunta so maquilla as estatísticas do furtivismo, mentres o problema aumenta en Galicia.

Dixo que esta cuestión deriva “implicacións sociais, medioambientais e de saúde pública serias” xa que, dixo, si os furtivos extraen ameixa na Ría do Burgo cando está prohibido polos vertidos “o problema é que alguén as compra” introducindo no mercado produto tóxico. Sinalou que “o problema non se arranxa metendo no cárcere a un señor que baixa un caldeiro de Ponte Pasaxe” ou sinalando como furtivismo un traslado de mexillón.

Soneira reclamou “sentido común” ao goberno galego “para saber e analizar a orixe deste problema” xa que, dixo, “non é equiparable sancionar a un señor que se equivoca na pesca cando conta con licenza dunha persoa que conscientemente arruína un banco de ameixas porque ten un pedido dun gran restaurante”.

A responsable socialista dixo que o furtivismo “non só non ten remitido senón que parece estar fóra de control”, diante do incremento de decomisos publicados pola Consellería do Mar. Dixo así que, malia o compromiso asumido por parte da conselleira de erradicar o furtivismo, os datos coñecidos neste verán “son moi preocupantes en canto ao número de episodios e en canto á gravidade dos mesmos”.

Datos cuestionables

Lamentou que “ao longo de mais de dous anos de goberno o único resultado que nos amosa a Xunta de Galicia son datos estatísticos mais que cuestionables” sobre o número de artes aprehendidas ou o número de denuncias feitas polos servizos de inspección pesqueira. Lembrou así que interceptar 2,5 quilos de ameixa en Ferrol “custounos a 36.000 euros o quilo polo despregue operativo que fixeron para dar publicidade”.

Dixo que o furtivismo “é un vello problema das nosas costas”, que engloba situacións tanto de persoas en situación de exclusión social como profesionais do mar que vulneran algunha disposición da normativa aplicable á súa actividade e resulta sancionado, ademais dos “profesionais” do furtivismo especializados en saquear recursos, os “deportivos” que estragan os recursos pesqueiros e marisqueiros, así como turistas e visitantes puntuais.

Reclamou á Xunta unha valoración sobre a evolución do fenómeno nos últimos dous anos e medio, e reclamou datos sobre os expedientes incoados a profesionais do mar e a persoas alleas á actividade, así como a pescadores deportivos e establecementos comercializadores. Neste sentido, solicitou coñecer os recursos que dedica á persecución, detección e prevención do furtivismo e cales van destinados ás confrarías.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar