Soneira di que a Xunta despilfarrou 3 millóns de euros en campañas de publicidade

Soneira di que a Xunta despilfarrou 3 millóns de euros en campañas de publicidade

Soneira di que a Xunta despilfarrou 3 millóns de euros en campañas de publicidade


A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira interveu no Pleno da Cámara para reclamar explicacións sobre as consecuencias da supresión do seguro colectivo de accidentes no mar e as actuacións previstas pola Consellería do Mar ao respecto. Alí denunciou que a Xunta deixa desprotexidas a 30.000 persoas e, co aforrado, quere facer lanchóns para a extracción de áridos, despois de rexeitar a defenestrada idea de facer unha Goleta de 2 millóns de euros. Ademais lembrou a peregrina proposta do Presidente de Portos de Galicia, en campaña electoral, na que asegurou que ía construír un Porto en Cereixo (Vimianzo), Soneira dixo que “desde a época dos fenicios non subiu barco algún por aquela parroquia”.
Afirma que o suposto aforro da Xunta coa supresión deste seguro malgastouno a Consellería do Mar en campañas de publicidade, xa que denuncia que leva gastado mais de 3 millóns de euros en comprar vontades nos medios de comunicación. A deputada tamén fixo alusión aos resultados electorais “na Comarca da Costa da Morte foi o único sitio de Galicia onde o Partido Popular baixou en votos”.
Na súa intervención envioulle unha mensaxe á Conselleira para que non se fíen dos que aplauden as súas políticas, xa que advertiu que hai algún representante do sector que os Tribunais de Xustiza sinalan que foron elixidos de xeito ilegal. E lembra que as sentencias “acusan a Consellería do Mar de non cumprir a lexislación”, espetou.
A deputada socialista lembrou que o Seguro Colectivo de Accidentes no Mar cubría aos tripulantes galegos de calquera embarcación pesqueira, debidamente enrolados e con independencia do seu abandeiramento, así como os mariñeiros non galegos que cotizan no Réxime Especial do Mar da Seguridade Social, incluídos no TC2 dun buque pesqueiro con porto base en Galicia.
Dixo que o seguro comprendía as mais de 5000 mariscadores a pé, con autorización da Consellaría de Pesca, no desempeño lícito da súa actividade; traballadores de viveiros flotantes radicados na nosa Comunidade Autónoma; e persoal da Cruz Vermella de Galicia cando actuasen en tarefas de rescate e salvamento no mar nas nosas augas.
Decisión carente de lóxica
Asegura que o Goberno de Feijoo, nunha decisión carente de toda lóxica e dos máis mínimos principios de solidariedade para con un dos colectivos que, potencialmente, desempeña unha das profesións de máis alto nivel de risco, decidiu anulalo en aras a unha mal entendida austeridade. O argumento ofrecido pola Xunta sinalaba que, dada a obrigatoriedade de subscribir unha póliza de responsabilidade civil por parte dos armadores con porto base en Galicia, as tripulacións xa estaban cubertas diante de posibles accidentes. Incluso se chegou a afirmar que unha parte dunha póliza concreta, sería subvencionada pola Consellería do Mar.
Soneira advirte que a Xunta esquecíase de que non tódalas persoas que traballan no mar están enroladas en embarcacións con porto base en Galicia, ou que, incluso, algunhas delas nin sequera necesitan estar enroladas en ningunha embarcación para desempeñar o seu traballo no mar. E, sobre todo, a Xunta de Galicia esqueceuse dun colectivo importante de galegos que están enroladas en barcos abandeirados noutros países, que non están suxeitos á lexislación española nin galega.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar