Soneira denuncia que o 40% da ameixa fina que se trasladou a Xove morre nos primeiros 5 días

Soneira denuncia que o 40% da ameixa fina que se trasladou a Xove morre nos primeiros 5 días

Soneira denuncia que o 40% da ameixa fina que se trasladou a Xove morre nos primeiros 5 días

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira anunciou que rexistrou unha petición de comparecencia parlamentaria da Conselleira do Mar para que de explicacións sobre as razóns polas que tomou a decisión de reinstalar os moluscos procedentes de zonas "C" en Morás (Xove), e en que mellora esta medida a saúde medioambiental das nosas rías afectadas por contaminación, a creación de emprego e a renda das mariscadoras e dos mariscadores.

Soneira cualificou esta decisión “de auténtico despropósito”, e de “ocorrencia”.
Advirte que o Grupo Parlamentario Socialista Político dispón de información, na que se pode constatar “que o 40% da ameixa fina que se trasladou o novo asentamento de Xove morre nos primeiros cinco días”.
E preguntouse “en que quedaron as roldas de prensa e os anuncios medíaticos dos Conselleiros Rosa Quintana e de Agustín Hernández comprometéndose a sanear integralmente as rías galegas?”, replicou. E insistiu nas súas criticas “que foi das xestións que ía facer diante da Comisaria Damanaki para que a UE autorizase a comercialización dos bivalvos de zona C, previa a súa depuración”, proclamou a deputada.
A portavoz de Pesca dixo “que si as principais confrarías afectadas non están de acordo, si as empresas acuícolas da zona tampouco, si os depuradores non acaban de ver a bondade de semellante ocorrencia, que intereses moven a Xunta de Galicia a meterse neste rocambolesco asunto”, espetou.
Plan de saneamento integral
A deputada emprazou ao Goberno de Feijoo “a abordar dunha vez por todas os graves problemas de contaminación que sofren as nosas rías, xa que non teñen capacidade algunha de iniciativa”. E pediulle que rescate “o Plan de Saneamento Integral das rías deseñado por Pachi Vázquez na pasada lexislatura” .
E resumiu “ou solucionan este problema, agora que aínda temos fondos europeos, ou corremos o risco de que as zonas “C” non solo non se reduzan se non que vaian en aumento”.
Iniciativas Parlamentarias
Por ultimo lembrou que o Grupo Parlamentario Socialista xa presentou diversas iniciativas no Parlamento para que a Conselleira dea explicacións sobre esta “ocorrencia”, e para que explique as razóns que a levaron a por en práctica esta iniciativa que non vai a contribuír a solucionar os problemas de contaminación das rías nin a mellorar as condicións de traballo dos mariscadores.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar