Soneira denuncia que a Xunta "regale os dous helicópteros de salvamento a unha empresa privada"

Soneira denuncia que a Xunta "regale os dous helicópteros de salvamento a unha empresa privada"

Soneira denuncia que a Xunta "regale os dous helicópteros de salvamento a unha empresa privada"

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira denunciou que a Xunta de Galicia acordou onte no Consello da Xunta “regalar os dous helicópteros de salvamento a unha empresa privada e os espacios afectados pola directiva hábitat ás empresas acuícolas”.

Soneira afirma que coa decisión adoptada pola Xunta “a nosa Comunidade perde patrimonio en materia de seguridade ao renunciar a dispor de medios propios en materia de salvamento, e pagar así os favores prestados por Pescanova durante a campaña electoral do pasado 22 de maio”, espetou.

A portavoz socialista lembrou os dous helicópteros “que tan alegremente regala Rosa Quintana e Alberto Núñez Feijoo, foron adquiridos pola Xunta de Galicia cando Enrique López Veiga era Conselleiro e foron pagados polo sistema de leasing na pasada lexislatura”. Sinala que “sempre se considerou que os medios de salvamento deberan ser propiedade da administración”. E insiste nas súas críticas “coa decisión adoptada a Xunta non aforra nada porque pagará en especie o que non paga en efectivo abónao coa entrega de patrimonio de tódolos galegos”.

Asevera tamén que con esta decisión “non se garante a mesma calidade do servicio, xa que, cando remate o período concesional, nada impedirá que a empresa se leve os aparellos alí a onde lle paguen mais, xa que serán da súa propiedade e non da Comunidade Autónoma”.

Soneira explica que “a Consellería do Mar agóchase detrás dun eufemismo, denominando “reformulación do contrato” a algo que se chama privatizar e regalar o patrimonio de tódolos galegos, xa que o suposto aforro de 2,7 millóns anuais non compensa os case trinta millóns que custaron as arcas públicas as aeronaves que onte acordou regalar o Consello da Xunta”. E ademais racha coa política, iniciada polo último Goberno Fraga, de dotar a Galicia dun servicio de salvamento marítimo propio e público.

A deputada socialista replica que a primeira decisión que tomou Rosa Quintana como Conselleira, foi a de suprimir a comprar dun helicóptero de salvamento para a Costa da Morte.

Acuicultura

No que se refire ao acordo de declarar de interese público de primeira orde a acuicultura en Galicia, a deputada afirma que “non ten mais finalidade que saltarse a Directiva Hábitat para pagar determinados favores políticos a Pescanova; entre outros a participación directa desta empresa, nun acto sen precedentes, no mitin de fin de campaña, nas pasadas eleccións municipais, do Partido Popular en Muxía pedindo o voto para esta formación”

Ademais di que a Xunta renuncia a utilizar ubicacións que non teñen ningún tipo de protección, e que mesmo están destinados a esta finalidade nos planeamentos municipais, para pagar favores políticos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar