Soneira: "A Xunta leva un ano sen pagar as cotas da seguridade social das mariscadoras maiores de 65 anos que non teñen 15 anos cotizados"

Soneira: "A Xunta leva un ano sen pagar as cotas da seguridade social das mariscadoras maiores de 65 anos  que non teñen 15 anos cotizados"

Soneira: "A Xunta leva un ano sen pagar as cotas da seguridade social das mariscadoras maiores de 65 anos que non teñen 15 anos cotizados"

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Marisol Soneira, advertiu hoxe que a Xunta está a deixar nunha situación “crítica” aos pescadores que se acolleron ás xubilacións anticipadas, deixando a súa actividade, e levan un ano sen ingresos e obrigados a pagar as cotas da Seguridade Social porque o Goberno galego non abona a pensión recoñecida por abandono de actividade.

Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei en Comisión, que foi rexeitada polo PP, na que reclamaba o pago das cotas de seguridade social das mariscadoras maiores de 65 anos que non teñen o período mínimo para acceder a unha pensión de xubilación. Tamén solicitaba o cumprimento dos convenios das confrarías e outros colectivos que un ano despois non cobraron as contías comprometidas.

A responsable socialista reclamoulle ao PP que “mírenlle á cara ás mariscadoras do Réxime Especial do Mar que tiveron que pagar elas as cotizacións á Seguridade Social durante un ano” porque a Xunta non facía as transferencias. Soneira acusou ao goberno galego de obrigalas a “case que pedir limosna para pagar, porque de non facelo terían que devolver todas as contías aboadas polo convenio especial”.

Acusou ao PP de “rirse das mariscadoras que saen a

protestar logo de levar 12 meses sen cobrar un can” e lamentou a “axilidade para perdoar a metade dos custes de reparación do vertido da empresa Brenntag ao Umia”. Dixo que, con este exemplo, e logo de aumentar os impostos “demostran que teñen ingresos, pero outra cousa é para qué os utilizan”.

Estrangulados

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista criticou que a Xunta pode provocar o “estrangulamento económico” das confrarías de pescadores ás que tamén adebeda un ano de pagos dos convenios asinados formalmente. Dixo que “parecería de sentido común e razoable que si asinan un convenio polo menos cada tres meses a Xunta fixera fronte ás súas obrigas” de pago.

Soneira criticou que esta situación débese a que Feijóo ordenou paralizar tódolos pagos do Goberno galego dende o 31 de agosto do ano pasado para cumprir co seu obxectivo de déficit. Isto provocou o atraso xeneralizado e a asfixia económica dos axentes que contratan co goberno galego, incluíndo ás confrarías, mentres o presidente “presume de cumprir coas contas”.

Ademais, engadiu, sucede que en 2012 anuncia que hai unha débeda de 1.500 millóns de euros procedentes do exercicio anterior, o que provoca que “a este paso estean esgotando xa a liquidez correspondente para este ano”.

Nesta proposta desbotada polo PP, os socialistas tamén reclamaban que fixera unha provisión de fondos propios cando o financiamento das axudas proceda de mais dunha administración “para adiantar, se fose o caso, as axudas comprometidas para os colectivos a que fai referencia no primeiro e no segundo punto desta iniciativa”

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar