Soneira denuncia que a desidia da Xunta co sector acuícola e a semente de bivalvos esmorece este sector en Galicia

Soneira denuncia que a desidia da Xunta co sector acuícola e a semente de bivalvos esmorece este sector en Galicia

Soneira denuncia que a desidia da Xunta co sector acuícola e a semente de bivalvos esmorece este sector en Galicia

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira interveu hoxe na Comisión 8ª do Parlamento para reclamar á Xunta explicacións sobre a avaliación que fai das necesidades de semente de moluscos bivalvos para os distintos parques e concesións marisqueiras galegas.

A portavoz de Pesca lembra ademais que o Grupo Parlamentario Socialista reclamou , o pasado 8 de setembro mediante unha proposición “recuperar e poñer en activo as instalacións acuícolas destinadas á producción de semente de bivalvos, que como consecuencia da crise ou por causas alleas á súa propia actividade están paradas ou abandonadas”. Pero lamentou que a proposta foi rexeitada polo Partido Popular.

Dixo que o Goberno de Feijoo “non é capaz de solucionar os problemas de contaminación, donde hai investidos mais de 7 millóns de euros”, como sucede en Ribeira. E advirte que a administración autonómica non pode dar a calada por resposta. E insiste nas súas criticas “no IGAPE parece que non vive ninguén”.

Soneira explica que os bivalvos son unha das principais produccións das nosas rías, tanto polo volume de producción como polo número de postos de traballo que xeran, e pola importancia económica que teñen sobre a economía de milleiros de familias.

Sinala que a evolución dos bancos marisqueiros é especialmente importante nas concesións en parques, como pode ser o caso de Carril, onde os titulares invisten gran cantidade de recursos económicos e técnicos que lles permiten acadar niveis de productividade moi por riba das medias.

A parlamentaria asegura que esta puxanza productiva e as extraordinarias condicións naturais das nosas rías vense diante dun auténtico colo de botella, debido a gran dependencia que o sector marisqueiro ten da semente de bivalvos, con que repoboar os bancos marisqueiros, procedentes do exterior. Non obstante, téñense posto en marcha iniciativas interesantes en Galicia que tentan dar respostas a esta necesidade evidente.

Así as cousas asegura que algunhas iniciativas postas en marcha non parece que dean respostas axeitadas ás necesidades que o sector marisqueiro demanda. Afirma que hai, tamén, iniciativas privadas que, con gran esforzo e dificultades de todo tipo, tentan buscar resposta a unha necesidade evidente e que ao mesmo tempo pode significar a resposta galega  á producción de semente de bivalvos en cantidade e calidade que nos permitan non só cubrir as nosas necesidades, senón tamén gañar mercados internacionais.

Dimisión de Maneiro Cadillo

Subliña ademais que os parquistas de Carril teñen acometido proxectos interesantes neste sentido e mesmo teñen constituído proxectos empresariais, onde se xogan o seu patrimonio persoal en moitos casos, para procurarse semente de calidade para si mesmos e para outros que o precisen.

Na súa intervención tamén lembrou as denuncias feitas polos parquistas de Carril nas que asegura que son discriminados por razóns políticas. Xa que aseguran que hai un agravio comparativo fronte a Pescanova. Neste punto pediulle a Maneiro Cadillo que se desminta estas acusacións  ou ben as denuncie vía xudicial “ou senón ten que dimitir, porque quen cala outorga”, espetou Soneira. E proseguiu “seguro que lembra algunha reunión nun Hotel de Carril”, para tratar estes e outros asuntos

Problemas de viabilidade

A parlamentaria dixo que este, e outros proxectos, precisan tamén de apoio institucional e teñen recibido recursos para a posta en marcha dos seus emprendementos. Pero denuncia que “desgraciadamente, algúns deles están atopándose con serios problemas de viabilidade pola desidia e a falla de compromiso da Xunta de Galicia con este nicho de actividade económica e mesmo parecera que a Consellaría do Mar, ve estas iniciativas como un problema e non como unha oportunidade de emprego e de negocio para un sector estratéxico da nosa economía”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar