Soneira denuncia o desleixo da Xunta diante as gaiolas de Salmón en muros

Soneira denuncia o desleixo da Xunta diante as gaiolas de Salmón en muros

Soneira denuncia o desleixo da Xunta diante as gaiolas de Salmón en muros

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, denunciou hoxe o “desleixo” da Xunta diante da instalación das gaiolas de cría e engorde de salmón en Muros. Soneira preguntou ao Goberno galego na Comisión de Pesca pola falla absoluta de medidas diante das denuncias da aparición de mais de 500 salmóns mortos aboiados por toda a ría.

Soneira criticou a falla de controis por parte do goberno galego e a “absoluta neglixencia” das consellerías de Pesca e Medio Ambiente sobre esta situación e o impacto dos restos de peixes na ría. Denunciou que a Xunta só teña presentado un informe “de parte” elaborado pola empresa denunciada, quen “para defenderse apunta uns argumentos aos que a Xunta da carácter de oficiais ao presentalos no Parlamento”.

A responsable socialista sinalou que o carácter de experimental do proxecto obriga a facer un estrito seguemento e vixilancia da súa evolución “e non só fiarnos do que nos conta a empresa”. Acusou ao goberno galego de “utilizar o Parlamento como altofalante dunha empresa privada” evidenciando que “o único que fixeron foi pedirlle un papel, pero non realizaron ningunha inspección nin tomaron ningunha outra medida”.

Engadiu que precisamente a aparición de restos de peixes desbota o argumento da Xunta, quen xustificou a localización das gaiolas nesta zona polas fortes correntes que eliminarían os restos. Reclamou ao goberno galego que analice as causas da mortalidade dos exemplares, que “poderían poñer en cuestión a idoneidade da localización dos peixes na ría de Muros e Noia polas condicións climáticas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar