Soneira cuestiona a mestura de de viaxes institucionais e partidarias por parte de Feijóo e Camba

Soneira cuestiona a mestura de de viaxes institucionais e partidarias por parte de Feijóo e Camba

Soneira cuestiona a mestura de de viaxes institucionais e partidarias por parte de Feijóo e Camba

A portavoz de Emigración do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira asegurou que o presidente da Xunta "fai como Boabdil, viaxa para implorarlle aos emigrantes o que como presidente, foi incapaz de facer, que é garantir a existencia dunha entidade financeira radicada no noso país”.

A deputada socialista preguntouse “por que Feijoo non visitou aos emigrantes galegos en México e Panamá en vésperas das eleccións municipais, e si o fai en datas previas a convocatoria das eleccións xerais”.

Preguntou ademais se o presidente da Xunta, xunto co secretario Xeral de Emigración, "mestura as viaxes institucionais coas partidarias?" e se “pensa seguir a tradición de Manuel Fraga de pedir o voto para os candidatos do seu partido ás eleccións xerais en viaxes que pagamos tódolos galegos?”.

Asegurou que Feijoo "vai a pasar a Historia de Galicia por ser o presidente da Xunta que deixou tirado e abandonado o Centro Galego de Bos Aires, que da cobertura sanitaria a moitos milleiros de galegos que non teñen outra opción sanitaria pola súa renda e pola súa idade".

Recortes nun 39%

Tamén aludiu a reducción orzamentaria en emigración e afirmou que as cifras “non teñen precedentes na historia da nosa autonomía e incluso na elaboración dos orzamentos da Xunta nos dous exercicios do seu mandato”. Sinalou que durante o seu mandato a media da reducción orzamentarias nas diferentes partidas están no contorno do 16% mentres, pero que en emigración “recortounos en mais do 39%”.

Ademais lembroulle a Feijoo que cando non era presidente da Xunta “levaba cheques da deputación de Pontevedra e agora que é Presidente da Xunta, non solo non lles leva nin un can senón que fai un recorte nos orzamentos de emigración sen precedentes”, subliñou.

tarxeta sanitaria e procesos electorais

Soneira preguntoulle a Núñez Feijoo “si pode explicar que foi daquilo da tarxeta sanitaria para todos. Porqué non conta a cantos emigrantes lles chegou a tarxeta do SERGAS que comprometeu na campaña das autonómicas?”.

Pola contra a deputada socialista lembrou os compromisos do Goberno de Zapatero coa emigración, como por exemplo para facilitar a participación dos emigrantes nos procesos electorais que se aveciñan e futuros. Pero criticou que “sen embargo non vimos ao presidente de Galicia na proposta de solucións para que os galegos que viven fora poidan seguir participando das decisións colectivas do seu país de orixe”.

E concluíu “mentres Feijoo xogou a ambigüidade, outros buscaron solucións facendo gratuíto o exercicio dun dereito constitucional básico”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar