Soneira critica os cambios na estrutura de Mar para solucionar problemas orgánicos do PP

Soneira critica os cambios na estrutura de Mar para solucionar problemas orgánicos do PP

Soneira critica os cambios na estrutura de Mar para solucionar problemas orgánicos do PP

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Marisol Soneira, criticou que os cambios na estrutura da Consellería do Mar e o relevo de Álvarez – Campana á fronte de Portos pretenden “solucionar os problemas orgánicos do PP”. Soneira reclamou a comparecencia da conselleira no Parlamento por “poñer o goberno ao servizo do partido” e facer cambios “á medida de Louzán”.

Engadiu que con estes cambios “acentúanse os círculos de amizades perigosas vinculadas á Consellería do Mar e que teñen como nexo común ao señor Louzán –presidente da Deputación de Pontevedra- e o seu entorno e acentúase a sensación de que quen menos manda na Consellería do Mar é a propia conselleira”.

Soneira sinala que “si xa é grave que ate o día de hoxe a señora conselleira non se dera conta debilidade extrema do seu departamento en materia de acuicultura ou no control da trazabilidade dos produtos procedentes da pesca e do marisqueo, moito mais grave é que decida as políticas de nomeamentos en charlas de terraza e muíños restaurados pola Deputación Provincial de Pontevedra”.

Por estes motivos, pregunta á Conselleira “cándo tivo coñecemento de que tiña que cesar a Álvarez – Campana e nomear a Durán Hermida” e “qué papel xoga o señor Louzán en todo este sainete que pagan os orzamentos da Xunta”. Tamén sinala que “cómo é posible que, no momento de conformar o organigrama, non se decatara de que necesita dotar ao seu departamento de medios para atender á acuicultura e a trazabilidade dos produtos”.

Tamén pregunta si estas modificacións derivan das críticas recibidas pola conselleira dende as empresas acuícolas e das mariscadoras sobre as graves carencias da Consellería, e si considera que estas “improvisacións, falla de liderado e peso político” de Ana Rosa Quintana “contribúen á credibilidade do seu departamento”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar