Soneira censura que o programa da Casa de Galicia en Madrid se dedique a ciclos de prensa rosa en lugar de a promover a cultura, a empresa e o turismo de Galicia

Soneira censura que o programa da Casa de Galicia en Madrid se dedique a ciclos de prensa rosa en lugar de a promover a cultura, a empresa e o turismo de Galicia

Soneira censura que o programa da Casa de Galicia en Madrid se dedique a ciclos de prensa rosa en lugar de a promover a cultura, a empresa e o turismo de Galicia

Segundo denunciou hoxe en Comisión a parlamentaria Marisol Soneira, a cada de Madrid dedica o 89% da súa programación a eventos culturais dos que a maioría non teñen que ver cos seus obxectivos, como debates sobre a prensa rosa, o coñecemento da figura de Fraga polos seus biógrafos ou coñecementos de saúde sobre a próstata

Non acepta o argumento de que nestes actos a Casa só preste o edificio, porque da a impresión de que se presta a calquera, e, ao contrario do que di o Goberno, ten uns custes de mantemento e persoal para os galegos

Os socialista censuran un gasto 752.000 euros para que ao final o único acto turístico sexa a promoción do stand de Fitur e só se teñan producido catro eventos empresariais

Critica a falta de transparencia sobre o gasto de persoal, que non aparece nos Orzamentos nin se da información na web, como en organismos tales como a Casa de Galicia de Bos Aires ou a Fundación Galicia Europa

A parlamentaria socialista censurou o emprego da Casa de Galicia en Madrid para actividades de cuestionable promoción exterior da nosa comunidade, como corresponde ao obxectivo deste organismo. Nomeou de xeito específico a cesión do inmoble para a celebración dun ciclo sobre prensa rosa.

Preguntou ao Secretario Xeral de Presidencia sobre o que pode significar para a promoción cultural, empresarial ou turística de Galicia, e indicou unha serie de frases que se dixeron no mesmo: O que máis vende é un bo personaxe con noticia e o que máis unha boda de conto de fadas; o glamour responde máis ao retoque do Photoshop e a unha fama televisiva conseguida con programas de baile; calquera pode falar de luxo, a pesar de lucir un sobaco con manchas de suor; a vida é mellor con prensa rosa.

Soneira entende que o presidente Feijoo quixera atopar un inmoble máis barato, e que “se trata dun morto inmobiliario do que é difícil desprenderse na conxuntura actual”. Pero recrimínalle que da axenda da propia casa se desprenda que “a Casa préstase a calquera, o criterio é a xuízo do director delegado”.

Tampouco acepta que non teña custe para os galegos, “temos un edificio que manter, un persoal, un servizo de prensa”, que ademais haberá que pagarlle as horas extra, porque, explica Soneira “todos estes eventos se fan ao redor das 19:30h., fora de horario de oficina, porque forma parte dunha maneira de facer as cousas na Corte, que acolle a unha serie de persoas que van a estes eventos porque aí se reparten pinchitos”.

Vista a axenda, “este é o único cometido da Casa de Galicia en Madrid”, a xuízo da socialista. Soneira Tajes criticou que a Xunta só empregue este inmoble para a promoción turística de Galicia no caso da presentación do stand de FITUR, e que a promoción empresarial é nula. “O 89% da axenda é de eventos culturais, debéranlle subir o soldo ao coordinador deste área”, dixo. Os actos de promoción económica reducíronse a 4.

A parlamentaria do PSdeG-PSOE recelou dos datos ofrecidos polo comparecente no nome do Goberno xa que, logo de citar unha serie de eventos promocionais, argumentou que as empresas preferían a non publicidade dos mesmos, “se son eventos de promoción non parece moi entendible que as empresas non queiran que se lles faga publicidade na web”, concluíu Soneira.

ELEVADO GASTO E FALTA DE TRANSPARENCIA

Tamén reprochou ao Secretario Xeral de Presidencia que se gasten máis de 752.000 euros en presentar “cousas” como Cociñar para dous, receitas irresistibles; Fraga visto polos seus biógrafos ou As cousas que debera saber sobre a saúde da súa próstata; “que me parecen interesantes como actividades complementarias dun centro galego”, apuntou Soneira, que tamén censurou aos populares por asfixiar a estas entidades privadas coa Lei de Galeguidade.

A deputada socialista reprochoulle ao comparecente a falta de transparencia da Xunta respecto aos gastos de persoal da Casa de Galicia. O soldo do director aparece a través da lei Transparencia, pero contrasta que a Casa de Galicia de Bos Aires ou a Fundación Galicia Europa expliciten a información sobre os gastos do seu persoal e na Casa de Galicia o custe dos 12 empregados apareza “disfrazado de persoal eventual de gabinete, desta maneira que vostedes acostuman a facer”.

PROMOCIÓN TURÍSTICA

Marisol Soneira lembrou ao Secretario Xeral de Presidencia que “Galicia é a comunidade do Norte de España que ten peor comportamento turístico”. Preguntoulle ao representante do Executivo sobre as veces en que se reuniu a Casa de Galicia con turoperadores, “que son os que venden os paquetes turísticos”, e cantas reservas se concretaron.

A deputada cuestionou o modo en que se miden os retornos das xestións feitas pola Casa de Galicia para chegar á conclusión de que das mesmas se desprende a visita de 20.000 turistas directos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar