Soneira censura que Feijóo se negue a comparecer polas súas viaxes ao exterior e o Goberno se limite a enumeralas

Soneira censura que Feijóo se negue a comparecer polas súas viaxes ao exterior e o Goberno se limite a enumeralas

Soneira censura que Feijóo se negue a comparecer polas súas viaxes ao exterior e o Goberno se limite a enumeralas

Marisol Soneira reprochou ao Director Xeral de Relacións Exteriores que comparecera en comisión só para facer un relatorio de viaxes e queden sen explicar os de Feijóo con Dorado ou a vinculación do PPdeG co presunto financiamento ilegal dos populares, denunciado por Crespo

A portavoz de Emigración socialista preguntou polas viaxes sen xustificación de Beatriz Mato, coincidindo sempre coa primavera, a varios paises americanos

Denunciou a falta de estratexia exterior. Criticou que a axenda de Feijóo en Cuba se fora recompoñendo sobre a marcha. Reprochoulle que fora sen a transparencia que aportaría a compañía dos grupos parlamentarios

A portavoz de Emigración do Grupo Socialista, Marisol Soneira, censurou a explicación que o Director Xeral de Relacións Exteriores da Xunta, Jesús Gamallo, fixo na Comisión Institucional do Parlamento de Galicia. Acusou á Xunta de non ter un deseño de cales son as Relacións Exteriores da Comunidade.

Para Soneira, “existe a sensación de que había que vir por esixencia do guión”, e recriminou ao representante do Goberno galego e ao Grupo Popular que rexeitaran ata o momento todas as peticións de comparecencia do Presidente Feijóo e do secretario de Emigración. Incluída a relativa á última viaxe á Cuba do presidente, cuxa xustificación para non incluíla foi que o pleno “era moi denso”.

A parlamentaria socialista reprochou a Gamallo que quedan “outros viaxes do presidente sen explicar”. Posibles viaxes con Marcial Dorado a Portugal, a Londres a “a un sitio onde había neve”, dixo recordando as declaracións de Feijóo en relación á publicación dunhas fotos onde aparece xunto ao narcotraficante arousán.

Criticou que “ninguén nos ven dar explicacións pola corrupción que vincula ao PP con todo isto ou do acontecido hai pouco días, con rexistro incluído da sede do partido que sostén ao Goberno de España, algo sen precedentes en Europa”. Tamén censurou o silencio ante a Cámara dos populares por ter escollido un barco da familia Baúlo de entre as cinco mil embarcacións posibles na súa visita ás Rías Baixas ou non valorar as declaracións a unha televisión nacional do que fora xerente do PPdeG, Pablo Crespo.

Distinguiu Soneira Tajes estas cuestións “formais” das de “fondo”. Neste sentido recriminou a Bugallo que si a Xunta considera as relacións con Bruxelas como relacións exteriores, “de ir ao estranxeiro como ir a México, Cuba, Panamá, ou á República Centroafricana, mal estamos”. Recordoulle, enorme dependencia do orzamento da Consellería de Medio Rural e do Mar dos fondos europeos, “caería en torno ao 40%”, cifrou a deputada do PSdeG.

Sen embargo, criticou que pasara por riba a explicación das viaxes do Director Xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, ou das viaxes a varios países americanos nos últimos anos “sempre en primavera” da conselleira de Traballo, Beatriz Mato, “das que só temos constancia por algunhas fotos en visitas breves a algunha institución benéfica”.

VIAXE A CUBA

Respecto da recente viaxe a Cuba de Núñez Feijóo, a portavoz de Emigración salientou a escasa axenda prevista da viaxe do Presidente acompañado por empresarios. “Logo si, foise enchendo a axenda que semella foi sobrevida, non tiña un obxectivo claro”.

Reprochoulle ao titular do Executivo a diferenza respecto á súa aptitude na oposición. Soneira, ironizou sobre a coincidencia na illa caribeña con Milladoiro, “non recibimos á oposición, levamos grupos a tocar a gaita, tomaría o presidente algún mojito?, de ser así tería que dimitir”, continuou a deputada, “porque é unha cousa esperpéntica, unha transmutación e nos convertemos no que criticamos e baseamos determinadas campañas” que o PP empregou contra o Goberno de Touriño, do que recordou Soneira que incorporaba nas súas viaxes a parlamentarios de todos os grupos. “Aquí foron caladiños”.

AFÁN DEPREDADOR DA AXENCIA TRIBUTARIA

Durante a súa intervención, Marisol Soneira aproveitou a ocasión para reprochar a Feijóo que a redución nun 61% do orzamento para Emigración.

Denunciou o “afán depredador” da Axencia tributaria sobre os emigrantes retornados que segundo ameaza na prensa “vai ir por 30.000 emigrantes máis”, que traen as súas pensións para gastalas aquí e soster ás súas familias. Mentres aqueles que levaron centos de millóns de euros ao exterior “cun 10% van servidos”, dixo en relación á amnistía promovida por Montoro.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar