Soneira censura a xestión do goberno de Feijóo dos fondos europeos e advirten que se perderán recursos para o período 2014 a 2020

Soneira censura a xestión do goberno de Feijóo dos fondos europeos e advirten que se perderán recursos para o período 2014 a 2020

Soneira censura a xestión do goberno de Feijóo dos fondos europeos e advirten que se perderán recursos para o período 2014 a 2020

Marisol Soneira recrimina a Gamallo que ao gabarse o Presidente de que Galicia “marcaba o paso da UE” cando EUROSTAT recorda que onde realmente somos primeiros é na destrución de emprego

A portavoz socialista na Comisión de Asuntos Europeos advertiu do risco de perder recursos polo pobre nivel de execución dos proxectos, ao que hai que engadir os que deixa a Xunta na “neveira” por non financialos

Soneira recrimina aos populares que non asuman a súa responsabilidade sobre 23 dos 27 anos de Goberno en Galicia contando con fondos europeos nin sobre as investigacións ás que están sometidos os investimentos na Deputación de Ourense, na depuración das rías ou na reforestación de terras non agrarias na Costa da Morte

A portavoz socialista na Comisión de Asuntos Europeos, Marisol Soneira, ven de criticar a comparecencia do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, para informar sobre as últimas xestións levadas a cabo pola Xunta de Galicia en Bruxelas para explicar perante a Unión Europea e as rexións de Europa o traballo realizado por Galicia para a optimización dos investimentos no novo escenario orzamentario 2014-2020.

A parlamentaria ironizou pola rápida presenza ante a Comisión do alto cargo do Goberno para falar do novo escenario orzamentario ata 2020, logo do ditame do Comité de Rexións que leu o Presidente da Xunta hai dúas semanas.

A parlamentaria socialista recriminou ao Goberno o que considerou como unha “sinal de identidade” e que foi vender que o Presidente galego “marcaba o paso da UE” polo mero feito de que “tocoulle” ler un informe dun órgano consultivo. Para Soneira resulta “bochornoso” e “infantil”. Tamén recordou que, mentres Feijóo sacaba peito, Erostat di que Galicia “tamén marca o paso en destrución de emprego”.

Respecto da situación de Galicia, Soneira, recordou a Gamallo que a converxencia de Galicia se debe non tanto a méritos propios senón a que “baixa o listón” pola incorporación de novos países con renda máis baixa e pola baixada demográfica, que fai que a mesma renda se divida entre menos habitantes.

Tampouco considera que deba gabarse o Executivo da posición e dos recursos que corresponden ao noso país xa que, é coñecido que a estratexia da UE é “partir duns datos aterradores para que logo agradezamos quedar como estamos”.

Soneira Tajes recordoulle ao Director Xeral de Relacións Exteriores que o informe FUNCAS reprende á Xunta por desaproveitar os 3500M€ procedentes da UE. Tamén lle reprochou a reclamación de 10.000M€ á Deputación de Orense, de xestión monocolor do Partido Popular en toda o período democrático.

Tachou de “bochornosa” a presión para que “non saia á luz” o desaproveitamento dos recursos europeos. E lembrou que o vindeiro sete de setembro sete funcionarios declararán ante o xulgado de Corcubión pola presunta tramitación fraudulenta de axudas para a reforestación en terras non agrarias.

Citou Soneira os datos que á comisión trouxo a Directora Xeral de Facenda relativos ó nivel de execución dos fondos e este era do 45 % do FEDER e do 42% do Fondo Social Europeo.

O 31 de decembro remata o período de financiamento e a parlamentaria socialista advertiu ao Director Xeral de Relacións Exteriores do seu temor a que se executen os investimentos. Tamén acusou á Xunta de ocultar os programas que ten “na neveira” por non aportar a porcentaxe que lle corresponde para impulsar eses proxectos. Soneira estimou en 1.500M€ a cantidade que Galicia pode ter que devolver por non executar os proxectos europeos.

Advertiu, contra o exposto por Gamallo, que se perderán fondos en Agricultura e Pesca. Neste último sector preguntouse como se vai evitar a perda dos 500M€ que deberan destinarse a acuicultura e dos que non se fixo nin un só centímetro cadrado.

Soneira reprochou aos populares que non asuman a súa responsabilidade na xestión en Galicia de 23 dos 27 anos con fondos europeos e censurou o mal uso que dos mesmos se fixo baixo a política de “chuvia fina” para contentar aos líderes locais do PP en troques de empregalos en proxectos importantes para dinamizar a economía e promover o emprego.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar