Soneira afirma que o Goberno de Feijóo foi o peor da historia de Galicia en materia de pesca

Soneira afirma que o Goberno de Feijóo foi o peor da historia de Galicia en materia de pesca

Soneira afirma que o Goberno de Feijóo foi o peor da historia de Galicia en materia de pesca

A candidata nº 5 dos socialistas coruñeses nas eleccións autonómicas do 21 de outubro, Marisol Soneira, afirmou hoxe que o goberno de Alberto Núñez Feijoo “foi o peor da historia de Galicia en materia de pesca”.

Durante unha reunión celebrada esta tarde con representantes do sector pesqueiro e marisqueiro da Confraría de Corme, Soneira subliñou que os Presupostos Xerais do Estado recollen un recorte de preto dun 50% das partidas destinadas ao sector pesqueiro con respecto ao ano 2011, polo que considerou que a consellería, “que co PP perdeu incluso a súa tradicional denominación de Consellería de Pesca” (no nomenclátor da Xunta figura como Consellería do Mar), queda relegada a “unha mera oficina na que xestionar recursos europeos”. Algo que, segundo a deputada socialista “tampouco fan con moito rigor”, pois na actualidade “hai máis de 300 millóns de euros de investimentos en proxectos europeos do sector da pesca sen executar”, o que pon en perigo futuros investimentos e postos de traballo nesta área.

Os socialistas consideran ademáis que, co actual goberno, a pesca galega perdeu postos de traballo, peso internacional e competitividade, e avogan por “facer valer en Europa a enorme importancia social e económica da pesca galega”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar