Soneira advirte do risco de perda de 1500 millóns de euros polo baixo nivel de execución dos programas europeos

Soneira advirte do risco de perda de 1500 millóns de euros polo baixo nivel de execución dos programas europeos

Soneira advirte do risco de perda de 1500 millóns de euros polo baixo nivel de execución dos programas europeos

Marisol Soneira citou as advertencias da Comisión Europea sobre o baixo nivel de execución e o risco de perder tamén fondos comprometidos para o seguinte período, si Montoro non cumpre as previsións económicas fixadas por Bruxelas

Acusou a Muñoz de seguir pechando a persiana en setembro para cumprir o déficit. Con esta medida por non poñer o 20% as empresas e as explotacións perden o 80% dos programas europeos

Advertiu que se Galicia non cumpre por culpa da falta de investimentos da Xunta, debera ser “despedida”

A parlamentaria de Asuntos Europeos do Grupo Socialista, Marisol Soneira, advertiu hoxe do risco de que Galicia, pola que o Goberno loitou en Bruxelas para que seguira contando con recursos aínda que deixara de ser rexión obxectivo de converxencia, teña que devolver 1500 millóns de euros do financiamento europeo correspondente ao exercicio 2007-2013.

Soneira denunciou hoxe, durante unha interpelación en Pleno á conselleira de Facenda, que isto é consecuencia de que “moitas consellerías por non aportar o 20% que lles corresponde, pon en risco que perdamos o 80% procedentes da UE”.

A deputada socialista esgrimiu os datos aportados pola subdirección xeral na Comisión parlamentaria pola que salientaba un nivel de execución dos programas cofinanciados pola Unión Europea do 40% e que esperaba acadar o 60% a finais de ano.

Tamén citou os datos do ministerio de Facenda, que informa que o Goberno galego ten obrigas recoñecidas, “que non significa estritamente nivel de execución”, para estes programas do 44% en fomento da sociedade da comunicación e o coñecemento. O 24.4% en xestión hidrolóxica, o 51,6% no control ambiental e xestión de resíduos e o 6,1% en apoio á internacionalización e mellora da competitividade. Para ordenación de producións forestais hai obrigas polo 26,6%; mellora á innovación e productividade 6,5%. Isto supón, advirte a portavoz socialista, que “as partidas máis voluminosas en recursos son as que menos obrigas recoñecidas teñen”.

Insistiu Soneira Tajes en que a Comisión Europea ten advertido ao Goberno da posibilidade de que España perda 166 millóns do fondo FEADER, 29 corresponderían a Galicia. “Dixéronnos xa dúas veces que ou dinamizamos isto ou podemos perder, as explotacións agrarias, recursos europeos”.

Tamén lle recriminou á conselleira, Elena Muñoz, o coñecemento dunha carta ao Secretario Xeral de Pesca Marítima na que advirte que “podemos perder ata 75 millóns de euros pola mala xustificación de proxectos acollidos ao fondo europeo da Pesca”.

Por outra banda o que si di o ministerio de Facenda é que “cumprimos con creces os niveis de endebedamento, 14 puntos por riba das previsións, aí somos campións”, reprochoulle Marisol Soneira á responsable de Facenda. Censurou que, “como nos denuncian algunhas empresas, algunhas consellerías que teñen competencia e programas con fondos europeos, por non poñer o 20% perdemos o 80% porque se bloquean os fondos da Xunta”. Acusou a socialista a Muñóz de autorizar modificacións de créditos do que se debera aportar para programas europeos porque alegando que se pode facer igual ou non é urxente facelo. “Non sei onde imos acabar ao final”, dixo Soneira.

PERDA DE FONDOS FUTUROS

Tamén reprochou a portavoz do Grupo Socialista que, “co voto entusiasta do Grupo Popular español no Parlamento Europeo, saíu adiante a premisa pola que os fondos quedan condicionados ó incumprimento dos obxectivos de déficit establecidos por Bruxelas”. Dado que o titular de Facenda do Estado, Cristobal Montoro, “ten asumido compromisos de déficit que os que saben de Economía din que son imposibles de cumprir, están na corda frouxa os fondos comprometidos para os vindeiros anos”, advertiu.

Neste contexto recordou que a Deputación de Ourense vai ter que devolver fondos por mala praxe, e a Confraría de Cambados “vai ter que renunciar a algunhas axudas por utilización perversa das mesmas”.

Finalmente a portavoz socialista de Asuntos Europeos fixo un símil de Galicia como empresa, na que a deputada pedía responsabilidade de xestión á conselleira, por formar parte do consello de administración. “Quere dicir vostede aos que representamos ós que teñen investido en impostos e en ilusión, que non se empregan, por exemplo todos os recursos ao noso alcance en I+D, cando 48.000 universitarios que marchan do país?”, preguntou a deputada. “Se os datos que nos da non se cumpren terían que despedila”, advertiu Soneira á titular de Facenda.

Marisol Soneira acusou a Muñoz de ser “unha alumna avantaxada da anterior conselleira que atopou a fórmula de baixar a persiana en setembro para cumprir formalmente co déficit”.

Pediu explicacións polo publicado en decembro polo Faro de Vigo en relación a que Galicia deixaba sen gastar 82,2 millóns de euros en axudas acuicultura e infraestruturas. “Como explica vostede que, co paro que ten este país, con todas as posibilidades que ten non teña investido nin un só céntimo en proxectos acuícolas en cinco anos?, supoño que isto tamén se podería financiar cos fondos europeos para a Pesca, recriminou á conselleira.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar