Soneira acusan ao PP de amparar “latrocinio” e “abuso” aos propietarios de terreos costeiros protexidos

Soneira acusan ao PP de amparar “latrocinio” e “abuso” aos propietarios de terreos costeiros protexidos

Soneira acusan ao PP de amparar “latrocinio” e “abuso” aos propietarios de terreos costeiros protexidos

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, acusou hoxe ao PP de amparar o “latrocinio” e “abuso” contra os propietarios de terreos costeiros afectados polo Plan de Acuicultura. Así o dixo logo de que o PP rexeitara unha moción socialista para que a Xunta impida a especulación adquirindo estes terreos para o patrimonio autonómico.

Soneira acusou ao PP de “comprometer o futuro de zonas moi especiais do noso litoral, un dos patrimonios mais valiosos da nosa Comunidade Autónoma” permitindo o seu paso ao “mercado inmobiliario ou a especulación”. A parlamentaria socialista dixo que o Plan Acuícola actual permite “que unha empresa amiga se instale na costa en zonas altamente protexidas” adquirindo os terreos en propiedade independentemente do seu proxecto.

Explicou que grazas a este plan do PP a Xunta expropia os terreos que non poidan ser comprados para a continuación entregárllelos ás empresas sen ningún tipo de condición, co que poden ser destinados a proxectos de acuicultura “ou a calquera outros”. Acusou á Xunta de provocar que os propietarios malvendan a 60 euros o metro cadrado “porque si non o vendes vancho expropiar”, abusando “da situación persoal de moitas familias”.

A responsable socialista acusou á Xunta de “perverter o voto dos cidadáns” ao permitir estas operacións e reclamou ao goberno galego que mobilice os fondos comunitarios que “traslada ano tras ano aos exercicios seguintes porque non son quen de executalos”. Augurou que “dentro de anos alguén rebobinará e teremos que volver a recomprar os terreos para devolvelos á titularidade pública” como sucedeu coa illa de Sálvora.

Paralización da acuicultura

Marisol Soneira acusou tamén ao goberno galego de ter desbotado o Plan Galego de Acuicultura elaborado polo goberno socialista na pasada lexislatura para mantelo “tres anos paralizado e sen un só proxecto posto en marcha nas costas de Galicia”. Criticou que o presidente da Xunta ten incumprido o seu compromiso de investidura de poñer en marcha 23 proxectos que suporán 2.000 postos de traballa.

Criticou o “moito morro” da conselleira da Xunta por “vir a esta Cámara a presumir de política en acuicultura cando dende que Feijóo é presidente non iniciou un só proxecto acuícola”. Apuntou que “o único proxecto que executaron foi o licitado polo goberno socialista en Tal –Lugo-.

A parlamentaria socialista propuxo hoxe adquirir os terreos necesarios para implantación de proxectos acuícolas “como ben patrimonial de tódolos galegos”, e reclamou “desenvolver, con carácter de urxencia, o Plan Galego de Acuicultura, a fin de facilitar o investimento produtivo, a creación de emprego e a dinamización económica”.

A moción votada hoxe e rexeitada polo PP tamén incluía “ofertar, por medio de concurso público, os terreos adquiridos aos mellores proxectos en réxime concesional e sempre condicionados ao fin único da actividade acuícola”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar