Soneira acusan á Xunta de “dar gato por lebre” nos baremos para acceder ao Permex

Soneira acusan á Xunta de “dar gato por lebre” nos baremos para acceder ao Permex

Soneira acusan á Xunta de “dar gato por lebre” nos baremos para acceder ao Permex

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, acusou hoxe á Xunta e ao PP de “dar gato por lebre” nos baremos de acceso ao Permex. Soneira presentou unha Proposición non de Lei na Comisión de Pesca para que a Xunta priorice a situación sociolaboral dos demandades e da unidade familiar, que foi rexeitada polo PP.

Soneira criticou a inadecuación dos baremos de acceso ao Permiso de Explotación para o marisqueo a pé en plena crise económica, o que provoca que “algúns demandantes de emprego teñan que facerse furtivos para obter sustento porque non acadan o permiso”. Mentres, criticou que o goberno galego puntúa mais a realización de cursos de habilidades sociais que o feito de que o demandante estea no paro.

A responsable socialista explicou que na Orde aprobada en 2008 ser demandante de emprego supuña preto dun 50 por cento do total da puntuación, mentres coa orde aprobada no pasado mes de xullo foi reducida ata o 30 pro cento. Dixo que “a formación é importante, pero temos familias na costa con ata dez Permex sen executar e outros teñen que recorrer ao furtivismo porque non teñen outra forma de acadar recursos”.

Engadiu ademais que, incluso dentro dos cursos de formación, é mais puntuada a formación en “habilidades sociais” ou sobre asociacionismo, con 0,05 puntos por hora lectiva, que un curso en riscos laborais -0,01- polo simple feito de que o primeiro ofréceo a Consellería do Mar e o segundo non. Sinalou que “podemos arranxalo sen que custe un só euro á administración”.

Lamentou así que, de acordo coa Xunta e pola oposición do PP, a situación familiar “non é determinante” fronte á “suma de determinados cursos de formación”. Dixo que “o furtivismo hai que perseguilo e os cursos de formación son fundamentais”, pero reclamou que se facilite a actividade laboral para as persoas que realmente o necesitan, que hoxe son os que están desempregados e teñen á súa familia sen traballo.

Marisol Soneira explicou que entre novembro de 2009 e outubro de 2011 un total de 1.032 persoas déronse de baixa no réxime especial do mar, dos cales 610 cotizaban por conta propia, e 163 mulleres abandonaron esta actividade. Describiu así un “problema real de abandono e de paro” nesta actividade, especialmente logo do retorno das familias que emigraron a traballar na construción e agora volven desempregadas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar