Soneira acusa ao PP e ao goberno galego de provocar a perda dos fondos comunitarios por deixar sen executar proxectos

Soneira acusa ao PP e ao goberno galego de provocar a perda dos fondos comunitarios por deixar sen executar proxectos

Soneira acusa ao PP e ao goberno galego de provocar a perda dos fondos comunitarios por deixar sen executar proxectos

Marisol Soneira advirte que “si non poñen remedio antes de 2015 nos veremos no esperpento de ter que devolver o diñeiro ou renunciar ás cantidades comprometidas”

A portavoz de Asuntos Europeos do Grupo Socialista, Marisol Soneira, acusou hoxe ao PP e ao goberno galego de provocar a perda de fondos comunitarios para Galicia por renunciar a executar os proxectos cofinanciados coa Xunta. Soneira presentou unha moción para que a Xunta garanta a execución destes orzamentos para non perder o investimento, que foi rexeitada polo PP.

A deputada socialista advertiu do “atasco e esperpento” que provocará que Galicia teña que renunciar a uns fondos comunitarios que cifrou en 1.500 millóns de euros por que o goberno galego renunciou a aportar a súa parte do investimento. Advertiu que consellerías como a de Pesca, que no terceiro trimestre de 2013 só executara o 26 por cento dos orzamentos, pode chegar a perder 75 millóns de euros da UE.

Criticou que a cicatería do goberno galego, que ao renunciar a investir o 20 por cento provoca que a UE cancele o 80 por cento restante comprometido para proxectos cofinanciados. Lembrou que malia que o financiamento correspondente aos anos 2007 – 2013 xa ten finalizado, Galicia ten aínda dous anos para executar a súa parte, co que “si non poñemos remedio antes de 2015 teremos que devolver ou renunciar ao diñeiro”.

Iniciativa

Os socialistas galegos reclamaran hoxe que a Xunta introducira mecanismos orzamentarios dirixidos a blindar a parte de cofinanciamento que a Comunidade Autónoma debe destinar aos proxectos financiados con fondos europeos. Ademais, reclámalle ao goberno galego que presente no Parlamento un informe trimestral sobre o nivel de execución destes investimentos.

Tamén esixe que o goberno estableza os mecanismos de asesoramento e control en todos e cada un dos programas e proxectos acollidos ao financiamento con cargo fondos europeos “impedindo a perda de recursos por malas prácticas, utilización perversa dos mesmos ou deficiencias técnicas ou administrativas”.

Finalmente, reclamaba abordar con urxencia “estratexias e alianzas” que permitan reverter os acordos do Parlamento Europeo relativos á condicionalidade macroeconómica para o período 2014-2020, dando conta ao Parlamento no primeiro Pleno de cada período

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar