Soneira acusa á Xunta de entregar os helicópteros de salvamento marítimo a un “monopolio privado” un 12 % mais caro

Soneira acusa á Xunta de entregar os helicópteros de salvamento marítimo a un “monopolio privado” un 12 % mais caro

Soneira acusa á Xunta de entregar os helicópteros de salvamento marítimo a un “monopolio privado” un 12 % mais caro

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Marisol Soneira, acusou á Xunta de entregar os helicópteros de Salvamento Marítimo a un “monopolio privado” que será “como mínimo un 12 por cento máis caro” que manter as naves en propiedade. Soneira preguntou na Comisión de Pesca polo cambio de contrato de Gardacostas coa empresa por parte da Xunta.

Soneira criticou que a Xunta “pretenda dicir que aforramos diñeiro” cando a realidade é que Galicia vai pagar polo mesmo servizo a unha empresa entregándolle os helicópteros que foran adquiridos por trinta millóns de euros no último goberno de Manuel Fraga. Dixo ademais que Feijóo entregoulle os helicópteros a esta empresa por un prezo inferior ao do mercado ao estimarlles unha “vida” de 10 anos “cando en realidade é moito maior”.

Comparou á Xunta co cidadán que “ten unha casa, véndea para non pagar impostos e chega a un acordo co propietario para vivir de aluguer, polo que paga cada mes e conta que lle sae mais barato pero non di que xa non conta coa súa residencia”.

Serio problema

A responsable socialista advertiu do “serio problema” que provoca esta decisión por canto “vamos atopar en breve con que a empresa ten os dous únicos helicópteros habilitados para o rescate no mar que vai dicir o que queren cobrar porque na práctica terannos trincados nun monopolio”.

Lembrou que a mesma empresa foille coa mesma proposta ao Estado, que se negou e dispuxo un helicóptero de ampla autonomía para Galicia, mentres a entidade privada “quería amarrar o monopolio”. Dixo que o Goberno central “negouse porque si os medios son privados, mentres o Prestige está a 3,5 millas de Cabo Touriñán, mentres os remolcadores negocian pasa o que pasa, e si os medios son do Estado rescátase si ou si”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar