Soneira acusa á Xunta de deixar “vendidas” ás vítimas da fraude das axudas para reforestación na Costa da Morte

Soneira acusa á Xunta de deixar “vendidas” ás vítimas da fraude das axudas para reforestación na Costa da Morte

Soneira acusa á Xunta de deixar “vendidas” ás vítimas da fraude das axudas para reforestación na Costa da Morte

Marisol Soneira considera “incomprensible” que o PP vote contra unha iniciativa socialista para que a Xunta investigue as prácticas das entidades financeiras da Costa da Morte que abriron contas sen coñecemento dos titulares e falsificando as sinaturas

Monte GalegoA deputada socialista Marisol Soneira, dixo hoxe que o PP e a Xunta deixan “vendidas” ás vítimas da fraude das axudas comunitarias para reforestación da Costa da Morte. Considera “incomprensible” que o PP rexeite unha iniciativa para que a Xunta investigue a implicación das entidades financeiras radicadas na Costa da Morte neste caso.

A deputada socialista denunciou o desleixo do goberno galego diante dun caso de presunta fraude no que, en lugar de darlle seguridade aos cidadáns e entidades financeiras, “utiliza ao seu avogado para someter ás vítimas a un terceiro grao e tentar de atopar contradicións nas declaracións das persoas que foron enganadas”.

Lembrou que este caso está a revelar que entidades financeiras teñen aberto contas en nome de terceiros sen o seu coñecemento, mesmo falsificando a súa sinatura, nas que eran percibidas axudas defraudadas á UE e retiradas ao momento para que non quedara rastro nin tiveran que dar conta á Axencia Tributaria. Advertiu que “non facemos á Xunta responsable destas actuacións, pero si de non tomar medidas e de ir a remolque”.

Manifestou a súa indignación porque fronte ás declaracións en favor do control da fraude fiscal “a realidade é que aquí só hai control para os emigrantes retornados –que teñen que declarar as súas pensións de terceiros países logo de anos nos que o Goberno negou este requisito- pero baixan os brazos cando hai unha posibilidade real de fraude fiscal”.

Investigación

Os socialista galegos reclamaran hoxe que a Xunta investigue estas prácticas de determinadas entidades financeiras radicadas na Costa da Morte que abriron estas contas para percepción de axudas públicas e poñer os feitos en coñecemento do Banco de España e da Axencia Tributaria.

Ademais, reclamou que o goberno galego se persone como administración afectada “no procedemento aberto no xulgado de Corcubión tras a denuncia dos veciños e veciñas afectados por estas prácticas fraudulentas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar