Soneira acusa a Feijóo de organizar “unha escapada a México e Panamá a conta dos orzamentos da Xunta”

Soneira acusa a Feijóo de organizar “unha escapada a México e Panamá a conta dos orzamentos da Xunta”

Soneira acusa a Feijóo de organizar “unha escapada a México e Panamá a conta dos orzamentos da Xunta”

Marisol Soneira critica o escurantismo e a falla de contidos e resultados da última viaxe institucional do presidente da Xunta e esixe a súa comparecencia en Pleno

A portavoz de Política Exterior do Grupo Socialista, Marisol Soneira, dixo hoxe que a última viaxe institucional de Feijóo a México e Panamá foi en realidade “unha escapada a conta dos orzamentos da Xunta”. Así o dixo logo de evidenciar a falla de contidos e resultados dunha viaxe da que o presidente da Xunta négase a dar conta.

Soneira esixiu a comparecencia do presidente da Xunta para explicar diante do Parlamento os motivos e os logros desta viaxe feita “sen axenda coñecida” que deixou claro que “tratouse dunha viaxe do cidadán Núñez, pero non a viaxe do presidente dun goberno democrático” que teña que dar conta diante da cidadanía.

A responsable socialista subliñou que “podemos entender que queira alonxarse de Monte Pío ou que queira ir de vacacións, pero o que non parece razoable é que o disfrace como unha viaxe institucional”. Engadiu que o presidente da Xunta utiliza as viaxes como coartada para o seu “escapismo” dos problemas de Galicia como demostran as altas doses de improvisación que caracteriza a súa axenda.

Os cheques de Feijóo

Soneira lamentou que unha das poucas actividades que teñen transcendido desta visita fora a participación do presidente da Xunta na despedida do presidente do Centro Galego de México, o mesmo ao que lle entregou “un cheque cunha subvención oficial da Deputación de Pontevedra” cando Feijóo estaba na oposición.

Advertiu que “podería levar algún cheque agora como presidente da Xunta, pero non temos noticia de que así fora, fíxoo cando non tiña ningún tipo de responsabilidade institucional”.

A deputada socialista reduciu ademais a visita aos directivos de Pemex ao carácter de encontro cuns integrantes da petroleira “cos que aparentemente mantén unha boa relación persoal”. Subliñou que “cando vamos a ver a uns amigos o cargamos aos nosos propios orzamentos, non ao erario público”, como ten feito Feijóo.

Salientou así que “non temos noticia do suposto marcado carácter económico co que a Xunta quere vestir esta viaxe a México”, mais alá do encontro cos empresarios galegos de Panamá, “aos que animou a promocionar Galicia no exterior, algo para o que non necesitan o alento do presidente da Xunta”.

Política exterior errática

Soneira criticou a “política exterior errática e con altas doses de improvisación” do goberno galego, que acadou que NGB fora adquirida por empresas de Venezuela, o único lugar onde Feijóo non viaxara”. Ademais, engadiu, as exportacións lácteas galegas non acadaron unha pinga de mercado en México como consecuencia dos esforzos da Xunta e “da construción naval aínda seguimos agardando algún resultado tanxible”.

Este foi o resultado das distintas saídas ao exterior do presidente da Xunta para acadar investimentos e que Galicia mantivera un sistema financeiro apegado ao territorio e en mans galegas, buscar mercados para o sector lácteo ou acadar carga de traballo para os estaleiros en crise.

A deputada socialista animou así ao PP a apoiar, esta mesma tarde, unha proposición non de Lei en Comisión parlamentaria para consensuar uns “criterios claros e unha axenda compartida por todos”. Esixiu que os galegos e galegas poidan coñecer “onde vai e para que, e con que obxectivos viaxa o presidente do Goberno galego”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar