Soneira: “ A Xunta impide a creación dunha comisión de estudo dos problemas da emigración galega”

Soneira: “ A Xunta impide a creación dunha comisión de estudo dos problemas da emigración galega”

Soneira: “ A Xunta impide a creación dunha comisión de estudo dos problemas da emigración galega”

A portavoz de Emigración do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira denunciou hoxe que o goberno de Feijoo impide a creación dunha comisión  parlamentaria que estude os problemas, a situación real e o potecial da a emigración galega espallada polo mundo e dos seus descendentes, e mentres en cuba reparte cheques para comprar vontades.

Soneira fixo esta afirmación tras coñecer que na xunta de Portavoces celebrada hoxe no Parlamento de Galicia, o Partido Popular opúxose a petición do Grupo Parlamentario Socialista na que reclamou a creación dunha Comisión non permanente para o estudo da situación dos galegos residentes fóra da Comunidade Autónoma.

A deputada socialista dixo que, mentres rexeita estudar a situación real dos emigrantes,  o secretario xeral de Emigración viaxou a Cuba o pasado 26 de setembro para anunciar o reparto de 1.5 millóns de euros en axudas individuais aos galegos alí residentes. Critica que o reparto deste cheques realizase ao longo e ancho da illa ate a mesma véspera electoral do 20N. Para iso si hai boa disposición, afirmou Soneira.

A parlamentaria advirte que “a ninguén se lle escapa que este período non é un período calquera”. Argumenta que as Cortes Xerais están disoltas e as eleccións xerais convocadas para o próximo 20 de novembro, por iso replica que “certas “actividades non só vulneran o espírito da LOREG, senón que son absolutamente contrarias aos postulados que Alberto Núñez Feijóo defendía non hai tanto tempo”.

Así as cousas Soneira explica que “ningún socialista é contrario a que os galegos amosemos a nosa solidariedade para cos nosos compatriotas residentes en Cuba, sobre todo para con aqueles que teñen unha situación de necesidade e de precariedade económica evidente”.

Pero afirma que parece incrible e tamén un insulto á intelixencia dos perceptores e dos que contribuímos cos nosos impostos a que estas axudas sexan posibles,  o momento escollido pola Xunta para facela efectiva. E subliña que “o Goberno de Feijoo non atopou outro momento mellor para achegar a nosa solidariedade a 6.514 persoas que teñen dificultades económicas evidentes”, preguntouse.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar