Soneira: "A Xunta actúa como colaborador necesario para a especulación no terreo costeiro destinado á acuicultura"

Soneira: "A Xunta actúa como colaborador necesario para a especulación no terreo costeiro destinado á acuicultura"

Soneira: "A Xunta actúa como colaborador necesario para a especulación no terreo costeiro destinado á acuicultura"

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, acusou á Xunta de actuar como “colaborador necesario” para a especulación no terreo costeiro orixinalmente destinado á acuicultura. Así o dixo nunha Interpelación que se debateu no Pleno do Parlamento sobre a modificación da titularidade dos terreos no Plan de Acuicultura.

A responsable socialista dixo que a Xunta “mais que expropiar espolia os mellores terreos de zonas moi sensibles da nosa costa para dárllelo ás empresas”. Advertiu que a modificación legal da Xunta permite actuacións como en Huelva, onde unha planta de acuicultura pasará a ser “un porto deportivo, un hotel de superluxo, 5.000 vivendas e un campo de golf”.

Puntualizou que a Xunta traballa así a prol da especulación das empresas, xa que “ninguén impide que as empresas adxudicatarias poidan destinar os terreos a calquera outro tipo de actividade”.

Soneira dixo que “si o promotor non consegue os terreos será a Xunta quen os expropie para dárllelos a unha entidade que os vai rexistrar como ben patrimonial”. Reclamou a volta ao modelo orixinal do Plan de Acuicultura elaborado polo goberno socialista, que contemplaba que a Xunta expropiaba terreos pero os mantiña como patrimonio dos galegos e as galegas, e as empresas que fracasaran “debían devolver os terreos”.

Criticou que a Xunta de Feijóo “non leva nada feito en materia de acuicultura”, cunha “ausencia especialmente clamorosa” e “xogando hoxe en contra dos propietarios”. Advertiu que levan “meses” estudando modificacións ao Plan Galego de Acuicultura, que carece de Plan Director, pero “o que si temos son tódalas garantías para os especuladores”.

Paralización

Dixo que a única iniciativa en materia de acuicultura por parte do goberno galego en 2 anos e medio de xestión foi “a parálise” ao bloquear o Plan Galego de Acuicultura que fora redactado polo goberno socialista na pasada lexislatura. Advertiu que “non deron tempo a instalar novas empresas” e mesmo están a poñer “en serio perigo a perda de axudas europeas”.

Lamentou esta “estratexia” en plena crise económica, cos concellos costeiros vivindo por unha parte un novo éxodo cara a UE e por outra a recepción dos galegos que se foran a traballar no sector inmobiliario, rexistrando uns niveis de paro “nunca antes vistos”.

A responsable socialista sinalou que a xestión do goberno socialista situou a acuicultura galega a nivel de “potencia en Europa e no mundo”, ao supor o 80 por cento da produción do Estado, con 222.000 toneladas en 2007. Ademais, dixo, “temos equipos punteiros no mundo” sendo pioneiros na produción acuícola de mexillón, rodaballo ou troita.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar