Soneira: “A regulación do permiso de explotación para o marisqueo a pé é un dos maiores atentados á dignidade das mulleres”

Soneira: “A regulación do permiso de explotación para o marisqueo a pé é un dos maiores atentados á dignidade das mulleres”

Soneira: “A regulación do permiso de explotación para o marisqueo a pé é un dos maiores atentados á dignidade das mulleres”

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira interveu hoxe na Comisión 8ª do Parlamento para reclamar explicacións sobre a Orde do 15 de xullo de 2011, pola que se regula o permiso de explotación para o marisqueo a pé.

Soneira afirma que esta Orde “é un dos maiores atentados a dignidade das mulleres traballadoras” .Dixo que “tódolos seus artigo despréndese un arrecendo paternalista e discriminatorio descoñecido na lexislación española e autonómica dende fai moito tempo”.

A parlamentaria explica que nos seus 19 artigos e 8 disposicións hai todo un compendio de prácticas que agochan o machismo solapado, o caciquismo como un criterio fundamental e determinante para o acceso ao permex. Advirte que a discriminación en función do modo en que se exerce o marisqueo, o clientelismo mais rancio e a intromisión da administración no goberno das confrarías e agrupacións de mariscadoras, e destas na asunción de trámites que deberan ser  propios da Administración pública.

Ademais asevera que esta Orde establece un baremo, para acceder ao permex, que, na situación económica e socio-laboral na que nos atopamos, lonxe de fomentar o acceso ao emprego das persoas en función de necesidades obxectivas, segue a fomentar o amíguesmo e o clientelismo como forma de acceder a un posto de traballo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar