Soneira advirte que “sae máis caro a tramitación administrativa, que a subvención que concede o seguro de accidentes”

Soneira advirte que “sae máis caro a tramitación administrativa, que a subvención que concede o seguro de accidentes”

Soneira advirte que “sae máis caro a tramitación administrativa, que a subvención que concede o seguro de accidentes”

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira interveu no Pleno da Cámara para reclamar á Xunta, mediante unha moción, que recupere o seguro colectivo de accidentes no mar. A iniciativa foi rexeitada polo PP.
A responsable socialista criticou que o Goberno de Feijóo deixou “absolutamente desprotexidos” a 30.000 traballadores do mar dende a retirada do seguro no pasado mes de outubro.
Soneira denunciou que “sae mais caro a tramitación administrativa que a subvención que concede o seguro de accidentes que se sacou da chistera a Consellería do Mar”. Afirma que para que un mariscador ou mariscadora a pe poida acceder a esta subvención “terá que aportar ate doce documentos distintos e aínda así, non terá garantida a misérrima subvención de 25€ euros anuais”, replicou.
Advirte que a Consellería do Mar substitúe o Seguro Colectivo de Accidentes no Mar, “totalmente gratuíto para o conxunto das persoas que traballan no mar, por unha subvención que concederá, no mellor dos casos, 25€ aos mariscadores a pe despois dun longo, complexo e caro trámite administrativo”, proclamou.
O PP rexeitou conceder un seguro colectivo de accidentes
A maiores lembra que o Grupo Parlamentario Popular rexeitou un seguro colectivo de accidentes, de carácter universal para o conxunto dos homes e mulleres que traballan no mar, en barcos con porto base en Galicia ou enrolados baixo bandeiras doutros países, colaboran en tarefas de rescate en naufraxios, nas actividades relacionadas coa acuicultura e os parques flotantes.
A portavoz de Pesca asevera que “solo un Goberno alleo a realidade e pechado no mantra da falsa austeridade é capaz de chegar a estes niveis de burocracia absurda”. Xa que sinala que o trámite administrativo convértese nun fin en si mesmo e no obxectivo último da acción do Goberno, “e esquécese que o fin último e primeiro de calquera goberno é procurar a mellora das condicións de vida dos administrados”.
Soneira dixo que o PSdeG-PSOE seguirá propoñendo iniciativas que, con carácter universal e a marxe do seguro de responsabilidade civil obrigatorio para as embarcacións, dea cobertura contra posibles accidentes no exercicio da profesión para os homes e mulleres que, en Galicia, traballan no mar, con coberturas axeitadas a súa realidade.
Reclama axudas para os traballadores do mar que “os libere de ter que demandar esmolas, a través dun trámite administrativo que solo procura desincentivar o acceso dos profesionais do mar a estes instrumentos de protección contra os accidentes no exercicio da súa perigosa profesión”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar