Solucións para os emigrantes retornados que non cobran de Venezuela desde inicios de 2016

Solucións para os emigrantes retornados que non cobran de Venezuela desde inicios de 2016

Solucións para os emigrantes retornados que non cobran de Venezuela desde inicios de 2016

O portavoz de emigración e política exterior do grupo socialista, Juan Díaz Villoslada, trasladoulle ao goberno galego a situación “cada día máis dramática” que están a sufrir os emigrantes retornados, xa que o goberno de Venezuela non está a facer fronte aos pagos destes pensionistas e xubilados desde principios do ano 2016. Villoslada reclamou “solucións urxentes” para un colectivo con máis de 3.500 afectados en Galicia, xa que esta situación pode ocasionar “serios problemas de subsistencia e emerxencia social”.

O deputado socialista reclamou tamén que a Xunta actúe “de forma contundente” para esixir que o Instituto Nacional da Seguridade Social non leve aos emigrantes retornados aos tribunais para a devolución dos complementos a mínimos das pensións, unha reclamación que os socialistas xa levaron ao Congreso o pasado 25 de xaneiro. Villoslada expúxolle á Xunta as demandas que lle trasladaron as propias plataformas de emigrantes retornados nunha reunión co grupo socialista, e lembrou que os pagos mensuais debe abonalos o goberno de Venezuela en virtude do correspondente convenio bilateral asinado con España, que está incumprindo de forma “flagrante”.

“Nos supostos de máis necesidade, moitos dos nosos emigrantes retornados de Venezuela poden estar xa a sufrir situacións graves, non podendo acceder ademais aos servizos de emerxencia social”, advertiu. Por iso lle solicitou á Xunta “medidas para cubrir as necesidades máis urxentes dos emigrantes máis afectados” e instou a que o goberno galego se dirixa ao goberno de España para “que solucione con carácter urxente con Venezuela esta situación, en observancia do convenio bilateral subscrito entre os países”.

Pablo González Quintas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar
Pechar

Escribe o teu nome de usuario ou o teu enderezo de correo. Recibirás por correo unha ligazón para creares un novo contrasinal.

Pechar

Pechar