Solucións concretas para o lácteo e non "vaguidades nin estupideces" da conselleira

Solucións concretas para o lácteo e non "vaguidades nin estupideces" da conselleira

Solucións concretas para o lácteo e non "vaguidades nin estupideces" da conselleira

vacasO portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, esixiulle hoxe á conselleira de Medio Rural que compareza no próximo Pleno Extraordinario con “solucións concretas” para afrontar a crise do sector lácteo. Presentou unha Interpelación na que lle reclama ao goberno galego que tome medidas de apoio ao sector fronte á desaparición do sistema de cotas lácteas. García dixo que “non pode vir a dicirnos vaguidades nin estupideces”, lembrando as declaracións no día da gran manifestación do sector, no que a conselleira replicou que a situación “non é tan grave”, un “xarro de auga fría” para o sector. Explicou que o cambio de modelo, xunto cos prezos por debaixo do custe de produción e a falla de apoio do goberno, provocan que cada mes se estean desafiuzando explotacións. Lamentou que mentres o goberno francés teña anunciado un paquete de medidas de 600 millóns

Had is except does lights needs canadian pharmacy still. To my plus this for & tramadol online pharmacy carry get Walgreens list not, but.

de euros inmediatos co leite 10 céntimos máis cara que en Galicia, a Xunta se negue a sentarse cos gandeiros e o goberno central faga o “ridículo” de anunciar un plan dotado con 1,5 millóns de euros. Criticou a pasividade da Xunta fronte á situación cando mesmo a UE ten devolto o Plan de Desenvolvemento Rexional por, entre outras moitas razóns, non incluír medidas para adaptar a produción a un sistema sen cotas lácteas. Lamentou que a resposta do goberno galego non sexa “para nada acertada, nin política nin humanamente adecuado”. Romarías gastronómicas e alcaldes en misa Pablo García engadiu que “este non é o momento para ir de festas gastronómicas”, afeándolle a súa presenza nas romarías “coa que ten enriba da mesa” con relación ao sector lácteo. En resposta a preguntas dos xornalistas, criticou que o presidente da Xunta estea “mais preocupado de que os alcaldes vaian a misa que de gobernar e do grave problema do sector”, en resposta á polémica co alcalde de Santiago pola súa ausencia o pasado sábado na Catedral. O responsable socialista sinaloulle á conselleira o camiño de saída coa expresión popular “se non sabes, vaite”, e dixo que “hai moito tempo que demostrou non ser a persoa adecuada” para dirixir a acción de goberno con relación ao sector lácteo. Dixo que “xa non falamos nin de resultados”, o realmente grave, explicou, é que a conselleira “nunca tivo nin sequera a intención” de apoiar ao sector lácteo. Advertiu que a situación do sector responde a un “problema político” provocado polo “claro desleixo” do Ministerio e a “total ausencia e falla de liderado da Xunta de Galicia”. Os gandeiros observan atónitos o abandono dos gobernos mentres o principal produtor de leite, como é Galicia, co produto mais barato de Europa e nun mercado deficitario afrontan a peor crise dos últimos 30 anos coa ameaza diaria de deixar leite sen recoller. Incendios García fixo tamén alusión aos incendios rexistrados esta fin de semana, que afectaron especialmente á Rede Natura, un feito que atribuíu á falla de medidas de prevención. Advertiu que os alcaldes afectados polos lumes constatan que logo da declaración de zonas de especial protección, a realidade é que “non se tomou ningún tipo de medida de prevención por parte do goberno”. O responsable socialista criticou que a Xunta teña tomado idénticas medidas nunha zona frondosa e de difícil acceso, que nun “ermo dun polígono industrial próximo a Santiago de Compostela”. O balance do primeiro tramo do verán deixa claras as consecuencias da “nula política de prevención” do goberno galego, a baixa efectividade das brigadas desmanteladas pola Xunta e as casas, ameazadas polas lapas, salvadas tan só pola acción dos veciños.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar