Solidariedade cos traballadores e traballadoras de Galicia tras a inxusta e brutal reforma de Rajoy

Solidariedade cos traballadores e traballadoras de Galicia tras a inxusta e brutal reforma de Rajoy

Solidariedade cos traballadores e traballadoras de Galicia tras a inxusta e brutal reforma de Rajoy

O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, expresou a solidariedade e apoio do PSdeG-PSOE aos traballadores de Galicia trala “inxusta e brutal reforma laboral do Goberno de Mariano Rajoy, que atende tódalas demandas históricas dos empresarios ao tempo que conculca as conquistas e dereitos igualmente históricos dos traballadores”.

Contrapuxo que mentres milleiros de comercios pechan en Galicia e mentres o número de parados na comunidade acada records históricos, “os galegos Feijoo e Rajoy se vanaglorian e regodean en Sevilla, no seu congreso, do ben que lles vai a eles, pero sen ofrecer nin unha soa solución para os 271.000 parados, para os mais 25.000 fogares sen recursos e os 75.000 galegos que non reciben ningún tipo de axuda”.

O responsable socialista asegura que mentres toda Galicia e toda España se manifesta contra a reforma laboral de Rajoy “o PP celebra un congreso que non da repostas aos problemas dos cidadáns, senón que impón reformas, decretazos e recortes que empeoran a situación da inmensa maioría dos españois”. “Este é o seu único xeito de gobernar”, insistiu.

“Hoxe mais ca nunca –dixo García- os traballadores de Galicia precisan de respostas, de proxectos e de iniciativas para superar esta crise económica, pero Feijoo esta mais preocupado por sí mesmo que polos galegos”, concluíu.

Campaña contra os sindicatos

Pablo García, que acudiu á manifestación de Santiago de Compostela, dixo en declaracións aos medios de comunicación que unha amplísima representación dos cargos orgánicos e institucionais do PSdeG se sumou hoxe as manifestacións convocadas en Galicia polos sindicatos. Asimesmo, condenou a campaña “da dereita política e mediática más cavernaria” contra as organizacións sindicais pola su postura ante unha reforma laboral que so gusta aos empresarios. “Está claro que esa dereita preferiría un so sindicato ao estilo de vertical do franquismo”, rematou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar