Solicitude de comparecencia do ex gobernador do Banco de España na Comisión de Investigación das caixas

Solicitude de comparecencia do ex gobernador do Banco de España na Comisión de Investigación das caixas

Solicitude de comparecencia do ex gobernador do Banco de España na Comisión de Investigación das caixas

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, reclamou a comparecencia do ex gobernador do Banco de España, Miguel Ángel Fernández Ordóñez, no mes de setembro, como el mesmo ofrecera. Losada sinala que a resposta ao cuestionario enviado polo PP galego “demostra a gran mentira do PP” e evidencia que Feijóo “forzou unha fusión que acabou co sistema financeiro galego”.

O responsable socialista dixo que as respostas do que fora gobernador do Banco de España no momento da fusión “reforza a visión que tiñamos dende o grupo socialista”, que é que “foi Feijóo quen forzou a fusión que supuxo o fracaso do sistema financeiro de Galicia e que fixo desaparecer as caixas galegas”. Sinalou que “demostra que non é posible enganar a todo o mundo todo o tempo”.

Losada acusou ao presidente da Xunta de “mentir sobre a situación das caixas e sobre a fusión” na súa comparecencia na Comisión de Investigación xa que, de acordo co que fora máximo responsable do Banco de España, este tivo que ir “a remolque dos acontecementos” marcados dende a Xunta de Galicia.

O parlamentario socialista engadiu que esta resposta demostra que o PP non quería que comparecera o gobernador do Banco de España con Aznar, Caruana, “para non obrigalo a defender ao PP con mentiras”.

Salvar a cara

A tamén membro da Comisión de Investigación por parte do Grupo Socialista, Carmen Gallego, dixo hoxe en declaracións no Parlamento que o PP “apurouse en enviar un cuestionario a Fernández Ordóñez impedindo que comparecera en setembro para salvarlle a cara a Feijóo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar