Solicitude de comparecencia de Feijóo sobre incendios, recortes nos servizos públicos e sector lácteo

Solicitude de comparecencia de Feijóo sobre incendios, recortes nos servizos públicos e sector lácteo

Solicitude de comparecencia de Feijóo sobre incendios, recortes nos servizos públicos e sector lácteo

PlenoO Grupo Socialista vén de tramitar a solicitude de reunión da Deputación Permanente na que queren debater a convocatoria dun Pleno Extraordinario no mes de xullo coa comparecencia do presidente da Xunta.

Tal e como anunciara o portavoz do Grupo Socialista a pasada semana, reclaman a presenza de Feijóo para dar conta do seu “repentino interese” pola loita contra a desigualdade, así como do desmantelamento dos servizos públicos no medio rural.

Os socialistas galegos queren que o presidente da Xunta dea a cara polo seu repentino interese por iniciar unha axenda social que en realidade “supón cambiar dereitos por esmola” logo de ter desenvolto toda unha estratexia de desguace e desmantelamento da sanidade e do ensino públicos.

Acusan a Feijóo de “enganar á xente con anuncios de cheques de axudas que non teñen outra intención que a da mera publicidade preelectoral”, como por exemplo a axuda escolar. “Logo de suprimir un sistema de préstamo universal de libros de texto -sinalan-, o Goberno galego apenas concederá 40 euros para unhas poucas familias que non poden desembolsar os 150 que como mínimo custa o inicio do curso”.

Sector lácteo e lumes

Os socialistas galegos inclúen na axenda deste Pleno Extraordinario a comparecencia do presidente da Xunta para dar conta tamén das medidas que pensa adoptar para defender ao sector lácteo logo do “fiasco” que provocou coa implantación “fracasada” do coñecido como “paquete lácteo” para afrontar a fin do sistema de cotas lácteas.

Lembran tamén a devolución do Plan de Desenvolvemento Rural dende Bruxelas, que a Xunta quere adiar ata finais de mes poñendo en risco uns investimentos de 800 millóns de euros procedentes da UE ata o ano 2020.

Finalmente, reclaman a presenza do presidente da Xunta na Cámara autonómica para dar conta dos medios dedicados á prevención e extinción de incendios forestais, logo de que Galicia afronte un verán presumiblemente seco e caloroso sen que nin a conselleira de Medio Rural teña tido interese en presentar no Parlamento o Pladiga, e logo de que os primeiros lumes da temporada apuntaran eivas preocupantes nos medios do Goberno.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar