Solicitaron unha reforma máis ampla do Valedor do Pobo resaltando a posibilidade de estudar suprimir os asesores en vez dos vicevaledores da entidade

Solicitaron unha reforma máis ampla do Valedor do Pobo resaltando a posibilidade de estudar suprimir os asesores en vez dos vicevaledores da entidade

Solicitaron unha reforma máis ampla do Valedor do Pobo resaltando a posibilidade de estudar suprimir os asesores en vez dos vicevaledores da entidade

María Dolores Rodríguez pide que se “garantan” e “non se promovan” os procesos telemáticos para que os cidadáns poidan dirixirse deste xeito o Valedor do Pobo.

A deputada socialista asegura que a reforma “é moi escasa” limitándose a “axitar propagandísticamente” a eliminación dos tres vicevaledores pero sen entrar nunha reforma ampla

A portavoz socialista, María Dolores Rodríguez, solicitou no pleno do Parlamento de Galicia unha reforma da proposición de lei do Grupo Parlamentario Popular, resaltando a posibilidade de estudar suprimir os asesores en vez de dous vicevaledores dos tres que dispón a entidade.

O grupo parlamentario socialista ve unha “urxencia discutible” o trámite da proposición de lei, xa que para eliminar a situación de interinidade do Valedor “basta con iniciar o proceso para a elección dun novo Valedor ou Valedora, sen necesidade de reforma algunha da lexislación vixente en torno a esta institución”.

Os socialistas piden melloras e transparencia na institución do Valedor do Pobo, no número de asesores dos que poderá dispor o Valedor, dos prazos para as respostas os cidadáns e dos procedementos telemáticos, así como das garantías dos cidadáns na súa utilización. O grupo parlamentario dos socialistas abstívose na votación de modificación da estrutura do Valedor do Pobo presentada polo Partido Popular.

María Dolores Rodríguez asegurou que a reforma da institución do Valedor do Pobo “é unha proposta unilateral” que levará a confrontar “unha metade da cámara coa outra metade”. Explicou que é un grave erro que contribuirá “a rematar cunha institución que está na actualidade ferida de morte” cando fai uns meses se viu deteriorada ao presentarse como “valedora do goberno e non como valedora do pobo”.

A deputada socialista afirmou que a reforma que propón o Partido Popular é “moi escasa” limitándose a “axitar propagandísticamente” a eliminación dos tres vicevaledores pero sen entrar nunha reforma ampla da institución. Os socialistas queren entran a valorar “unha reforma máis profunda da institución”.

María Dolores Rodríguez asegurou que o Partido Popular ten durante toda a lexislatura como “leiv motiv” a “falsa austeridade, a propaganda da austeridade”, pero a austeridade “non pode ser a costa de todo, a costa de recortar dereitos dos cidadáns”. Os socialistas pregúntanse “porqué vai afectar á axilidade na tramitación dos asuntos ou á investigación das denuncias que haxa só unha persoa en lugar de catro”.

O grupo parlamentario socialista non comparte a proposta do Partido Popular onde se “mezcla a figura dun adxunto,que viría a facer as funcións dun Vicevaledor, coa figura dun Secretario ou Secretaria Xeral da institución”. Os socialistas entenden que as funcións deben estar diferenciadas e comparten que no caso da Secretaría Xeral “sexa un funcionario o que ocupe este posto” pero en ningún caso se deben mezclar “as figuras institucionais e administrativas”.

En referencia os procedementos telemáticos, os socialistas entenden que a lei “ten que garantir que os cidadáns poidan dirixirse telemáticamente ó Valedor do Pobo e poidan ser respostados polo mesmo medio” e non “promover” esta iniciativa.

A portavoz socialista sentenciou que ven con certa “preocupación” esta proposta de reforma da Lei do Valedor, “por simplista, por considerar que non aporta nada pero que esconde un menoscabo da figura do Valedor co obxectivo de que estorbe o menos posible ó goberno do PP”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar