Solicitan ao Director Xeral da CRTVG que arquive o expediente informativo aberto polo conflito das preferentes

Solicitan ao Director Xeral da CRTVG que arquive o expediente informativo aberto polo conflito das preferentes

Solicitan ao Director Xeral da CRTVG que arquive o expediente informativo aberto polo conflito das preferentes

Juan Carlos Francisco asegura que se houbo algunha responsabilidade ese día “recae no protocolo de seguridade” e non nos traballadores “que non teñen nada que ver”.

Reiterou que a responsabilidade dos feitos recae “na seguridade e no director xeral do ente”

O portavoz do Grupo Socialista na Comisión da CRTVG, Juan Carlos Francisco Rivera, solicitou hoxe ao director do ente no Parlamento, mediante unha pregunta oral en Comisión Permanente, que “arquive o expediente informativo aos traballadores”. Dito expediente abriuse despois dos incidentes acaecidos no mes de marzo na sede da TVG de San Marcos con motivo da ocupación da mesma polos afectados polas participacións preferentes.

O responsable socialista puntualizou que “non comparten” a ocupación da TVG, pero “respetan que o fagan porque son persoas que se ven imposibilitadas a acceder os seus aforros”. Asegurou que se houbo algunha responsabilidade nos feitos acontecidos “recaen no protocolo de seguridade e no director xeral” e non nos traballadores “que non teñen nada que ver”.

Criticou que en vez de “investigar os fallos” da seguridade que lles levou a entrar e “buscar as súas responsabilidades”, abriuse un expediente aos traballadores. Pasados os meses a día de hoxe “non se coñece” o resultado dese expediente informativo e os socialistas preguntaron o director xeral da CRTVG “cando se pensa concluír”.

O portavoz do Grupo Socialista na Comisión da CRTVG, Juan Carlos Francisco Rivera, asegurou que “non hai intención de dar carpetazo definitivo” a un expediente informativo que “non debeu ser iniciado”.

Rivera reitera que a responsabilidade recae “nos que teñen a competencia de activar un protocolo que aquel día fallou estrepitosamente”. Os socialistas entenden que este expediente obedecía no seu momento “ a unha errónea apreciación dos feitos”, pero non entenden como a día de hoxe “segue sen retirarse”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar