Solicitan á Xunta que sexan os profesionais de saúde mental os que definan cándo e onde se prescriban os fármacos para o TDAH

Solicitan á Xunta que sexan os profesionais de saúde mental os que definan cándo e onde se prescriban os fármacos para o TDAH

Solicitan á Xunta que sexan os profesionais de saúde mental os que definan cándo e onde se prescriban os fármacos para o TDAH

Carmen Acuña instou o goberno galego a escoitar a chamada de atención da UNESCO en canto o incremento sufrido na prescrición de psicoestimulantes en menores

A parlamentaria socialista, Carmen Acuña solicitou no debate en comisión parlamentaria á Xunta de Galicia que os profesionais de saúde mental definan como, cando e onde se van prescribir os fármacos para os trastornos por déficit de atención e hiperactividade (TDAH). Explicou que os fármacos que están indicados “non son inocuos”, por iso “é imprescindible definir correctamente quen debe tomar ou non medicación”.

Carmen Acuña presentou unha proposición non de Lei para “garantir a diagnose e tratamento axeitado da hiperactividade nos rapaces” e advertiu do risco que supón a sobrediagnose e sobretratamento destes casos. Dita proposición foi rexeitada polo Partido Popular.

A responsable socialista instou hoxe o goberno galego a escoitar a chamada de atención da UNESCO en canto o incremento sufrido na prescrición de psicoestimulantes na infancia no noso país con referencia o TDAH. Resaltou que non todos os nenos que están diagnosticados con este trastorno “o padecen realmente”, nin moitos dos que están tomando medicación “ a necesitarían por non padecer esa enfermidade”.

A proposta dos socialistas reclama que o Sergas conforme “un equipo multidiscliplinar con expertos das diferentes especialidades implicadas no tratamento do TDAH”co obxectivo de definir a vía clínica e os protocolos a seguir en Galicia para o “completo coidado” dos afectados por este trastorno.

O grupo parlamentario dos socialistas inclúe na súa proposta que se “reserve a prescrición do tratamento farmacolóxico para o TDAH e aos profesionais que se acorden na vía clínica”, tendo en conta a valoración previa feita polo equipo de profesionais da Unidade de Saúde Mental correspondente.

Finalmente, Acuña solicitou “dotar no ámbito escolar dos medios necesarios para realizar unha correcta prevención e detención precoz das dificultades de aprendizaxe” e tamén propuxo “iniciar de forma inmediata unha campaña de sensibilización e información a cidadanía sobre este tipo de trastornos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar