Solicitan a comparecencia urxente de Feijóo para “dar a cara” polo fracaso da súa política de emprego

Solicitan a comparecencia urxente de Feijóo para “dar a cara” polo fracaso da súa política de emprego

Solicitan a comparecencia urxente de Feijóo para “dar a cara” polo fracaso da súa política de emprego

Abel Losada sinala que os orzamentos do PP “en absoluto axudan a crear emprego, mais ben todo o contrario” facendo de Galicia a segunda autonomía na que mais medra o paro rexistrado

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, solicitou a comparecencia urxente de Feijóo no próximo Pleno do Parlamento para “dar a cara” polo fracaso da súa política de impulso económico e de creación de emprego. Así o dixo logo de coñecer as cifras de paro de xaneiro, un mes no que Galicia foi a segunda Comunidade Autónoma na que mais medrou o desemprego.

O responsable socialista reclamoulle a Feijóo “que veña ao Parlamento a explicar unhas cifras desastrosas en termos conxunturais e lamentables por canto temos un paro crecente e acumulado no tempo”. Salientou a extrema gravidade dunha situación que “vai excluíndo cada vez a mais parados das prestacións por desemprego e empobrecendo ás capas mais desfavorecidas da sociedade”.

Criticou a “estratexia de ocultación” tecida polo goberno galego, que “ata o de agora non tivemos ocasión de escoitar ningún plantexamento político por parte de Feijóo para solucionar este problema, mais alá de ofrecer desculpas e responsabilizar a calquera con tal de eludir asumir as súas responsabilidades”.

Políticas equivocadas

Losada sinala que os mais de 290.000 parados de Galicia, que se sitúa no horizonte de superar amplamente os 300.000 antes de que remate o ano, evidencian “a realidade dunhas políticas absolutamente equivocadas” por parte do PP na Xunta de Galicia. Sinala que, diante desta situación, “Feijóo non pode seguir agochándose” e debe comparecer na Cámara autonómica “diante de tódolos galegos e galegas”.

Dixo que as políticas do goberno galego “en absoluto axudan a crear emprego, mais ben todo o contrario”, cunha Comunidade Autónoma que conta con 30.000 fogares sen ingresos, e 100.000 con tódolos seus membros en paro”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar