Solicitan a comparecencia dos reitores galegos para dar conta da súa posición diante do Decreto de Recortes no Ensino

Solicitan a comparecencia dos reitores galegos para dar conta da súa posición diante do Decreto de Recortes no Ensino

Solicitan a comparecencia dos reitores galegos para dar conta da súa posición diante do Decreto de Recortes no Ensino

Xoaquín Fernández Leiceaga lembra que o goberno está a vulnerar as competencias de Galicia e agrede á autonomía da Universidade


O portavoz de Educación e Universidade do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, ven de solicitar a comparecencia dos reitores das tres universidades galegas na Comisión de Educación do Parlamento de Galicia “dada a situación xerada no sistema universitario pola aplicación do Real Decreto Lei 14/2012” de recortes no ensino.

O responsable socialista quere que os reitores expoñan en sede Parlamentaria e diante dos representantes de toda Galicia a súa postura diante deste decreto que ten provocado unha escalada de rexeitamentos e protestas en todo o Estado e mesmo, por primeira vez en democracia, o plante de tódolos reitores ao ministro de Educación no Consello de Universidades celebrado esta mesma semana.

Leiceaga lembra que, a través deste decreto, o Goberno central está a vulnerar as competencias propias de Galicia en materia de ensino universitario e mesmo invade a autonomía de organización propia das universidades que blinda a Constitución.

O responsable socialista reclamoulle á Xunta que conxele as taxas universitarias en termos reais para que non suban mais do IPC, así como o incremento das bolsas para que “ningún alumno cun expediente aceptable deixe de estudar por motivos de renda”. Advertiu que estes recortes supoñen unha “agresión en toda norma á igualdade de acceso á universidade” au aumentar as taxas e reducir as bolsas.

Tamén reclamou que a Xunta se dirixa ao Goberno para que atenda a diferenza das condicións socioeconómicas dos territorios á hora de establecer os prezos de matrícula universitaria.

O responsable socialista instou á Xunta a defender as competencias propias en materia educativa diante dun decreto que supón un “ataque á calidade do ensino público universitario” e reclamou a posta en marcha de tódolos mecanismos autonómicos para “minimizar os danos” deste decreto.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar