Solicitamos a redución da percariedade no emprego público, a "médula do funcionamento dos servizos públicos básicos"

Solicitamos a redución da percariedade no emprego público, a "médula do funcionamento dos servizos públicos básicos"

Solicitamos a redución da percariedade no emprego público, a “médula do funcionamento dos servizos públicos básicos”

O portavoz de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, presentou hoxe as emendas aos Orzamentos e á Lei de Acompañamento para o ano 2018 dirixidas a recuperar as condicións e a calidade do emprego público en Galicia. O responsable socialista participou, xunto co portavoz socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, nun encontro de traballo coa Federación de Servizos Públicos de UGT para acordar estas propostas.

Díaz Villoslada explicou que o emprego público constitúe “a médula do funcionamento dos servizos públicos básicos de Galicia”, e hoxe conta cunha taxa de temporalidade que oscila entre o 13 e o 15 por cento. Lembrou que os empregados públicos son os encargados de xestionar a sanidade, a educación, a administración de Xustiza ou a seguridade.

O responsable socialista sinalou que “ningunha administración pública de España” sufriu unha “diminución retributiva” entre os anos 2013 e 2016 como a que o presidente da Xunta asestou en Galicia aos 90.000 empregados públicos que dependen del. Reclamou a recuperación das taxas de emprego e a recuperación dos dereitos “destruídos” ao amparo da Lei 1/2012 de medidas temporais en materia de emprego público de Galicia.

Lembrou que o Estado do Benestar “baséase nos traballadores públicos”, que seguen a padecer esta “minoración clarísima” de dereitos que ataca directamente á calidade dos servizos públicos. Reclamou que o “escenario macro de recuperación do PIB e do aforro bruto se traslade á recuperación das condicións laborais dos traballadores e traballadoras públicos.

UGT

A secretaria xeral da FESP-UGT, Irene Martínez, sinalou a destrución dun mínimo de 17.400 postos de traballo públicos en Galicia de acordo coa EPA, que pode ser moito maior polo nivel de emprego precario que “non está instrumentalizado nin recoñecido e que ten que aflorar”.

Considerou insuficiente a oferta de emprego público anunciada polo goberno galego que, dixo, aínda non foi presentada na comisión central encargada de negociar a recuperación de emprego público para explicar qué servizos reforzarán e reclamou que a oferta se repita nos próximos anos ata recuperar en 2020 os empregos perdidos.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar