Sobredose de publicidade e propaganda para agochar o fracaso do Plan Estratéxico da Xunta

Sobredose de publicidade e propaganda para agochar o fracaso do Plan Estratéxico da Xunta

Sobredose de publicidade e propaganda para agochar o fracaso do Plan Estratéxico da Xunta

A portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, criticou o “fracaso” dos principais obxectivos plantexados polo goberno galego no seu Plan Estratéxico de Galicia 2015 – 2020, que queda reducido a “publicidade e propaganda”. Así o dixo na comparecencia do conselleiro de Facenda, que realizou hoxe no Parlamento un balance da aplicación do dito Plan.

A responsable socialista lembrou que o goberno galego puxo como obxectivo crear máis de 100.000 empregos ata 2020 cando a realidade foi que entre finais de 2016, o primeiro ano en que se puxo en marcha o Plan, e 2017 apenas incrementou a poboación ocupada en 6.200 persoas, 4,5 veces menos que no Estado. Galicia foi nesta etapa a Comunidade Autónoma que menos emprego creou do Estado.

Apuntou neste sentido á falla de execución orzamentaria na Xunta nos programas de emprego, como o caso de “Promoción e emprego e institucións do mercado de traballo”, que tivo unha execución do 56,4 por cento en 2017, deixando sen gastar 357 millóns de euros nos últimos tres anos. No apartado de “empregabilidade e crecemento intelixente”, por outra parte, deixaron sen executar case 263 millóns de euros só no ano 2017.

I+D

Rodríguez Rumbo sinalou ademais que o goberno galego tampouco é quen de acadar o obxectivo autoimposto de duplicar o gasto en I+D dende o actual 0,87 por cento do PIB ata o 1,7, a pesares de que se atopa lonxe do obxectivo do 3 por cento fixado pola Estratexia Europea 2020. Lonxe de medrar, dixo, o gasto en I+D do goberno “baixou en relación ao PIB dos anos anteriores.

A parlamentaria socialista explicou que Galicia é superada por ata nove comunidades autónomas, fixando un gasto en I+D un 27 por cento por debaixo da media de todo o Estado.

Apuntou tamén ao “fracaso evidente” do reto demográfico fixado polo goberno galego, que busca acadar os 1,59 fillos por muller, cando o crecemento vexetativo de Galicia entre 2009 e 2016 reduciuse nun 64 por cento. Explicou que a xestión de Feijóo supuxo que Galicia perdera 87.750 habitantes entre 2009 e 2017.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar