Sobran os motivo para a folga do ensino cunla Lei Wert que "leva a educación 40 anos atrás"

Sobran os motivo para a folga do ensino cunla Lei Wert que "leva a educación 40 anos atrás"

Sobran os motivo para a folga do ensino cunla Lei Wert que "leva a educación 40 anos atrás"

O deputado autonómico e voceiro de Educación do PSdeG, Vicente Docasar, anunciou esta mañá en Lugo o apoio dos socialistas á folga xeral e as manifestacións que terán lugar mañá en toda Galicia, e esixiulle ao PP “que escoite o que vai pasar nas rúas” porque “por vez primeira haberá unha folga á que se suma toda a comunidade educativa, desde primaria ata a Universidade, polo que non pode ignorar este berro da educación sen precedentes”.

Os cargos públicos e orgánicos dos socialistas galegos participarán mañá nas mobilizacións convocadas mañá en toda a Comunidade Autónoma.

Asimesmo, o socialista anunciou que o PSdeG levará ao próximo pleno do Parlamento galego unha proposición non de lei que esixe “a retirada do Anteproxecto da LOMCE” e a “apertura dun proceso de diálogo” cos representantes do sector educativo no centro do debate, porque “se non son quen de rectificar, darase un paso atrás de dimensións históricas”.

Docasar lembrou que “esta lei de Educación que pretenden tamén é histórica” porque “vai ter por vez primeira en contra a todos os partidos da oposición”, algo que nunca sucedeu coas lexislacións educativas do PSOE, e porque “leva a educación 40 anos atrás”. Neste sentido, destacou que o PP “ten enfrente a expertos, familias, mestres, sindicatos e alumnos” porque “non ten buscado consenso coa súa maneira habitual de gobernar, coa que cre que unha maioría absoluta dá dereito a facer o que lles veña en gaña”.

Entre as “inxustizas” que “dan para atrás a todo o conseguido nos últimos anos”, Docasar destaca que a LOMCE é “unha lei profundamente ideolóxica” que pretende “segregar alumnos desde moi cedo e ir cara un modelo elitista e de clases sociais” e que “non escoita tampouco o punto de vista das comunidades”, ademais de eliminar asignaturas como Educación para a Cidadanía, “que existe en toda Europa, pero parece que aquí formar cidadáns non importa” porque “só se ten en conta ao sector privado, aos obispos e a Fundación FAES”. Ante isto, Docasar esíxelle ao PP que abandone “a soberbia e a prepotencia” e ofrece a colaboración dos socialistas para “conseguir unha lei que lles dea estabilidade e un marco estable aos profesionais do ensino, que eles esixen a berros e que a política ten que darlles”.

Os socialistas destacan ademais os recortes previstos en Educación e comprometidos con Bruxelas polo Goberno de Rajoy, que suman 11.000 millóns de euros ata 2015, e cos que en España pasarase dun 4,7% de investimento educativo a un 4%, “cando a media europea está situada no 5,5%”

Mobilizacións

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar