Situación "precaria e lamentable" da estación de autobuses de Carballo

Situación "precaria e lamentable" da estación de autobuses de Carballo

O deputado socialista José Luis Méndez Romeu presentou unha iniciativa parlamentaria sobre a situación “lamentable” da estación de autobuses de Carballo, que “vén funcionando precariamente dende hai anos”. O responsable socialista lembra que as instalacións dependen directamente da Xunta, xa que a concesión está caducada dende 2011.

O responsable socialista apunta que o Plan de investimentos anunciado pola Consellería de Territorio e Infraestruturas para renovar as estacións de autobuses “non foi aplicado”, e os usuarios teñen que soportar unha situación “notoriamente incómoda”. Dito Plan, anunciado en 2013 “con notorio voluntarismo”, incluíndo áreas wifi ou espazos comerciais brilla polo seu incumprimento, demostrando “abandono e ineficiencia administrativa”.

O deputado coruñés esixe “unha infraestrutura de acollida e información axeitada para o décimo concello de Galicia en habitantes, cabeceira comarcal e paso obrigado en tódalas comunicacións coa Costa da Morte”.

Na súa iniciativa parlamentaria esíxelle ao goberno galego unha valoración sobre o estado lamentable da estación de autobuses, así como unha explicación por non ter convocado o concurso para a súa xestión e as previsións de investimento para modernizar as instalacións.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar