Situación límite na Residencia de Maiores de Campolongo

Situación límite na Residencia de Maiores de Campolongo

Situación límite na Residencia de Maiores de Campolongo

A deputada socialista Patricia Vilán visitou hoxe a Residencia de Maiores de Campolongo, en Pontevedra, onde anunciou unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que repare a “grave situación” do centro público. Vilán insta á Xunta a que, nun prazo de 3 meses, comunique a valoración real do grao de dependencia dos usuarios e presente un plan de reparacións integral.

Vilán reclama así a creación dunha enfermaría, o replantexamento do servizo de ascensores, a colocación de tomas de aspiración de osíxeno nas habitacións de persoas asxistidas, a adaptación integral da planta cuarta para asistidos, a modificación e mellora en cociña e lavandería, a modificación dos usos do montacargas, a creación de comedores e salas de estar en tódalas plantas e modificar o acceso á cafetería.

Alertou do “rosario de eivas” deste centro, que padece as consecuencias da “falla total de investimento” nos últimos anos, que se limitou a 25.000 euros na reparación obrigatoria do comedor. Vilán visitou hoxe o centro logo da xuntanza, a finais de marzo, co Comité de Empresa da Consellería de Traballo e Benestar de Pontevedra, diante do “desleixo absoluto” pola Consellería coas persoas usuarias do centro.

Advertiu ademais que a esta situación límite cumpre engadir a escaseza de persoal, polo que reivindicou a creación de 2 DUES, 1 posto en Cociña, 5 auxiliares de enfermaría e 1 praza de psicólogo a xornada completa. Finalmente, reclamou o incremento das xornadas do médico e da fisioterapeuta, de maneira que poidan estar os 5 días da semana a xornada completa e a media xornada nas fins de semana.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar