O sistema informático xudicial permanece "caído" en Galicia durante toda unha mañá

O sistema informático xudicial permanece "caído" en Galicia durante toda unha mañá

O sistema informático xudicial permanece “caído” en Galicia durante toda unha mañá

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, considera “un despropósito” a nova caída do sistema informático xudicial LexNet durante toda a mañá de hoxe en Galicia. Vilán anunciou unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamar “a depuración de responsabilidades políticas ata as últimas consecuencias” e unha auditoría externa do sistema nesta Comunidade Autónoma.

A responsable socialista advirte que “o sistema xudicial galego estivo sen ferramentas para traballar dende primeira hora da mañá ata preto da hora da comida” por unha nova caída do sistema. Acusa aos gobernos central e autonómico de facer caso omiso das advertencias dos operadores xurídicos, que apuntaron dende o comezo que o LexNet non era “nin fiable nin controlable”.

Lembra que a de hoxe é unha máis da lista de incidencias que vén acumulando este sistema, logo do colapso do 27 de xullo, debido a diversos ciberataques, e que logo de ser reparado cun custe de 60 millóns de euros, volvía “colgarse” en menos de 24 horas, unha situación que se volveu repetir no día de hoxe.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar