Sinálanlle á Xunta que “basta xa de información falaz e de enmascarar o déficit” adiantando o peche orzamentario

Sinálanlle á Xunta que “basta xa de información falaz e de enmascarar o déficit” adiantando o peche orzamentario

Sinálanlle á Xunta que “basta xa de información falaz e de enmascarar o déficit” adiantando o peche orzamentario

María José Caride advirte que a “trampa contable” de Feijóo provoca que a Xunta teña que pagar en 2012 o que non pagou en 2011

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, esixiulle a Feijóo que “basta xa de información falaz e de enmascarar o déficit”. A responsable socialista presentou unha interpelación no Pleno do Parlamento sobre a “picaresca” do goberno galego ao adiantar o peche orzamentario a 30 de setembro para “maquillar o déficit” de Galicia.

Caride acusou ao goberno galego de cargar o déficit “ás costas das empresas”, provocando “un problema ás familias e os concellos” xa que a Xunta “asume gastos que non son recoñecidos contablemente” negándose a asumir novos compromisos de pago. Explicou graficamente que “a Xunta vai á tenda e deixa a deber pero sen coller a factura, co que aparece como déficit do tendeiro pero non está recoñecido nas contas da Xunta”.

Advertiu que “non hai precedente” en todo o Estado dun peche orzamentario “75 días antes” do habitual e advertiu que “tememos que a situación se volva repetir” e reclamoulle á conselleira de Facenda que fixera pública a data de peche orzamentario para o presente ano, ao que esta negouse.

Explicou que esta “trampa contable” provoca que a Xunta teña que pagar en 2012 o que non pagou en 2011, tal e como recoñeceu Feijóo cando anunciou o pago nos tres primeiros meses do ano de 1.500 millóns de euros de facturas pendentes do ano anterior.

Dixo que a Xunta tivo así un incremento do 19,39 por cento nas obrigas de pago do I trimestre de 2012, porque está rexistrando neste período facturas correspondentes ao ano anterior, mentres o resto das autonomías descenderon un 6 por cento.

Ademais, as facturas derivadas dos gastos de capital aumentaron en Galicia un 10,22 por cento, mentres o resto das autonomías descenden un 30 por cento, o que supón “40 puntos de diferenza”. María José Caride engadiu que o adianto do peche orzamentario provocou que Galicia tan só licitara o 3,79 por cento da obra pública no último trimestre do ano, fronte ao 15 por cento do resto das Autonomías.

Esta decisión do Goberno galego provocou que a Xunta deixe de estar ao día nas obrigas de pago sobre obras executadas, non admite certificacións de obra. Engadiu que concellos como Forcarei, A Lama, Ares, Castrelo de Val, Boqueixón, Lugo ou mesmo Vigo, que “pecharon con inestabilidade e tiveron que presentar un plan financeiro derivado da falla de pago da Xunta”.

Despilfarro vergoñento

A responsable socialista cualificou de “despilfarro” e “vergoñento” que os xubilados teñan que asumir o copago de medicamentos dende o sábado mentres a Xunta “destina 1,6 millóns de euros a festas e banquetes” en base a un convenio co Ministerio de Agricultura.

Caride explicou que mentres Feijóo se felicita polo mantemento dos fondos europeos no período transitorio, renuncia a investir fondos autonómicos para cofinanciar os proxectos comprometidos con cargo a fondos comunitarios. Isto supón que, de non executar os investimentos, Galicia terá que devolver os cartos entregados pola UE ao remate do actual período en 2013.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar