Sinalan que Pemex ven de constatar a “estafa electoral de Feijóo” cos contratos para a construción de floteis

Sinalan que Pemex ven de constatar a “estafa electoral de Feijóo” cos contratos para a construción de floteis

Sinalan que Pemex ven de constatar a “estafa electoral de Feijóo” cos contratos para a construción de floteis

Abel Losada reclama a comparecencia do presidente da Xunta e do conselleiro de Economía e Industria para dar conta das súas “mentiras” cos contratos coa petroleira mexicana

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, ven de sinalar que a constatación, onte, de que a Xunta carece de compromiso asinado con Pemex para a construción de floteis, “evidencia a estafa electoral de Feijóo”. O responsable socialista solicitou a comparecencia do presidente da Xunta e do conselleiro de Economía e Industria para dar conta das súas “mentiras” con estes contratos.

Losada lamentou a “falla absoluta de pudor” de Feijóo á hora de “mentirlle aos galegos e galegas para acadar un puñado de votos”. Apuntou que este caso, unido ás “prácticas clientelares de Baltar na Deputación de Ourense”, evidencian que “ao PP válelle calquera arma para manterse no poder”.

Advertiu que “Feijóo mesmo é capaz de enganar aos afectados polo paro no naval, aos parados sen cobertura, de longa duración e en risco de exclusión social” por un “mero interese electoral”. Amosouse “estupefacto” ao observar “ata ónde é capaz de xogar coa desesperación dos galegos e galegas para perpetuarse no poder” mentres se amosa “incapaz de ofrecer unha soa solución real aos problemas da cidadanía”.

Abel Losada apunta que a información coñecida onte, pola que a petroleira mexicana vén de retrasar a licitación dos floteis polos que compiten Barreras e Navantia da man de PMI, evidencia que “o compromiso para a súa construción anunciado e asinado diante das cámaras da TVG por Feijóo antes das eleccións é “pura e simplemente mentira”.

O responsable socialista sinalou que “lamentablemente, agora entendemos a sistemática ocultación de información sobre este contrato ao Grupo Socialista”, logo de ter sido reclamado insistentemente dende a súa presentación sen que o goberno galego tivera a ben remitírllelo á Cámara autonómica.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar