Sinalan que “os galegos non merecemos un presidente máis preocupado por si mesmo que polo país que goberna”

Sinalan que “os galegos non merecemos un presidente máis preocupado por si mesmo que polo país que goberna”

Sinalan que “os galegos non merecemos un presidente máis preocupado por si mesmo que polo país que goberna”

Abel Losada reclama a comparecencia da conselleira de Facenda para explicar o sobrecuste de 48 millóns de euros e as condicións da emisión de débeda de Galicia

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, dixo hoxe que “os galegos non merecemos un presidente mais preocupado por si mesmo que polo país que goberna”. Acusou a Feijóo de “estar máis pendente de tomar posicións en clave sucesoria de Rajoy que de situar mellor a Galicia diante da crise”.

O responsable socialista acusou ao presidente da Xunta de Galicia renunciar ao Fondo de Liquidez Autonómica e acudir á emisión de débeda provocando un sobrecuste de 48 millóns de euros unicamente para “amparar a súa imaxe” como xestor. Dixo que en contra da imaxe de solvencia que vendeu a Xunta, xa en 2013, houbo tres comunidades autónomas, dun total de cinco, que acadaron mellores condicións que Galicia.

Explicou que tanto Madrid como Navarra e Estremadura acadaron mellores condicións que Galicia, que só superou a Aragón, e criticou que Feijóo se teña escudado nunha “pretendida independencia” para non acudir ao FLA cando este “admite amortizacións anticipadas” en mellores condicións. Lembrou que Galicia podería aforrar 48 millóns solicitando este sistema e amortizando a débeda a continuación.

Ademais, criticou que a operación da Xunta careceu de transparencia ao ser emitida sen subhasta, polo que reclamou a comparecencia urxente da conselleira de Facenda para dar conta desta operación. Esixiulle que faga públicos o prazo, tipo de interese, modalidade de débeda, carencia e calendario de amortización previstos para coñecer oficialmente “cánto mais nos está custando” a opción escollida por Feijóo.

Déficit

Losada advertiu que “a busca da imaxe de bo xestor estanos custando mai cara aos galegos e galegas sen que os datos a sustenten”, como poñen de manifesto os 411 millóns de euros de déficit aprazados só en 2010 –“e a ver qué nos agarda en 2011, dixo”-, tal e como denunciou o Consello de Contas. Acusou ao presidente da Xunta de xerar un “déficit ficticio” o ano pasado ao rexeitar a certificación de obras rematadas a partir de setembro.

Mentres, Galicia ten obrigado ás farmacias a pedir crédito porque a Xunta apraza o pago da factura sanitaria. Sinalou que a débeda aumentou un 93 por cento, sendo a quinta Comunidade Autónoma de España detrás de Cataluña, Valencia, Madrid ou Andalucía, todas elas con moita mais poboación que Galicia.

O responsable socialista lamentou que o presidente da Xunta “nin está nin se lle espera” para reclamarlle ao Goberno central que traslade ás comunidades autónomas a flexibilización do déficit que ven de conceder a UE. Explicou que o aumento do déficit do 0,7 ao 1,5 por cento concederíalle a Galicia mais de 456 millóns de euros adicionais.

Santiago de Compostela

En resposta a preguntas dos xornalistas, Losada preguntou “qué tiña pensado facer o PP co Concello de Santiago de Compostela, porque non parece que sexa gobernar” logo de que en só ano e medio de goberno teñan acadado un nivel de imputacións como o que se ven de coñecer, ademais de ter ao alcalde electo dimitido polos seus problemas coa xustiza.

Advertiu que o PP ten por diante unha “imprescindible operación de rexeneración democrática” neste concello, e lamentou que “entre limpar e tapar os problemas optaron por tapalo todo”. Tamén respondeulle ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, a quen acusou de “insultar aos galegos e galegas” e “pensar que a cidadanía é menor de idade” ao comparar a situación de Compostela con outras cidades galegas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar