Sinalan que o triunfalismo de Feijóo sobre a situación financeira de Galicia é “a súa derradeira mentira ata o momento”

Sinalan que o triunfalismo de Feijóo sobre a situación financeira de Galicia é “a súa derradeira mentira ata o momento”

Sinalan que o triunfalismo de Feijóo sobre a situación financeira de Galicia é “a súa derradeira mentira ata o momento”

Abel Losada lembra que en 3 anos endebedou a Galicia en 4.000 millóns de euros, o mesmo que no resto da historia da autonomía, “sen que saibamos aínda para qué”

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, dixo que o triunfalismo amosado por Feijóo constitúe “a súa derradeira mentira ata o momento” ao salientar a situación das finanzas públicas de Galicia. Lembrou que en tres anos a débeda pública de Galicia medrou en 4.000 millóns de euros, o mesmo que no resto da historia da nosa autonomía, “sen que saibamos aínda para qué”.

Losada sinalou que estes datos están “maquillados para agochar a realidade na permanente estratexia de ocultación desenvolta polo presidente da Xunta”. Sinalou así “o peche do orzamento tres meses antes do remate do ano, os milleiros de empresas e particulares aos que non lles paga as súas facturas ou subvencións e aqueles aos que nin sequera llelas admite.

Criticou que “co obxecto de presumir dunha situación financeira falsa, Feijóo entorpece o desenvolvemento económico dos principais sectores galegos e ataca ao benestar de moitas familias e asociacións”. Dixo que “o novo goberno socialista poñerá negro sobre branco a situación real das finanzas de Galicia e comprometerase a cumprir en prazos razoables as obrigas de pago asumidas”.

Situación financeira

Engadiu que “esta mentira únese a esa pretendida situación financeira de Galicia como a Comunidade Autónoma mais solvente de España, un dato falso que en realidade pretende desviar a atención do feito incuestionable de que nesta lexislatura Feijóo endebedou a Galicia en 4.000 M€ mais, practicamente o mesmo que o resto dos presidentes na historia da Comunidade Autónoma”.

Dixo que Feijóo ten provocado este endebedamento inexplicable “sen que saibamos ata día de hoxe para qué serviu mais alá de facer de Galicia durante os pasados 3 anos o laboratorio dos recortes do PP”. Concluíu que “nin en termos de débeda per cápita, nin en termos de débeda en relación ao PIB, nin en termos de cualificación das axencias se pode dicir que esta sexa a CCAA mais solvente de España, unha mentira mais de Feijóo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar