Sinalan que o presidente da Xunta ten incumprido as principais propostas un ano despois da investidura

Sinalan que o presidente da Xunta ten incumprido as principais propostas un ano despois da investidura

Sinalan que o presidente da Xunta ten incumprido as principais propostas un ano despois da investidura

Méndez Romeu apunta que en 5 anos de Goberno fixo que Galicia retrocedera 9 mentres só ofrece “discursos ocos e anuncios irresponsables”

González Santín apunta que os orzamentos para 2014 certifican que a estratexia de Feijóo “limitase á improvisación e máis improvisación”

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, acusou hoxe ao presidente da Xunta de ter incumprido as súas principais propostas de goberno só un ano despois da investidura. O responsable socialista advertiu que en só cinco anos de goberno Feijóo fixo que tódolos indicadores de Galicia retrocederan nove.

Méndez Romeu explicou que o discurso de investidura do actual presidente da Xunta “una ano despois fica como unha simple listaxe de incumprimentos” como evidencia que os diferentes plans estratéxicos contra a crise non foran presentados, debatidos nin aprobados. Ao mesmo tempo, a centralización de fondos contra a crise foi esquecida e o Fondo de Crecemento demostrouse unha “rúbrica publicitaria”.

Un ano despois, dixo, o desemprego continúa crecendo e cada vez hai mais galegos e galegas baixo o limiar da pobreza, mentres o presidente da Xunta continúa sen presentar unha soa proposta para debater e avanzar coa oposición. Criticou o esquecemento das grandes propostas de acordo coa oposición para reordenar o mapa local, blindar os servizos públicos, protexer o sector lácteo e frear o despoboamento do rural.

Méndez Romeu denunciou que a única acción de goberno de Feijóo neste ano sexa “unha sucesión de discursos ocos e anuncios irresponsables”, que mina a súa credibilidade logo de encetar un “discurso tramposo”. Lonxe de mellorar a situación dos galegos e das galegas, dixo, as cifras orzamentarias rexistran un “descenso formidable” nas áreas de investimento, impedindo que se cumpran as previsións de crecemento para 2014.

O responsable socialista advertiu do “incremento escandaloso da desigualdade” a través dunha política fiscal regresiva e a degradación imparable das condicións de vida dos galegos e das galegas. “O único positivo –remachou- é que falta un ano menos para o remate deste nulo proxecto de gobernación que encabeza Feijóo”.

Improvisación e improvisación

O portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, dixo que os orzamentos da Xunta para 2014 demostran que a estratexia de Feijóo contra a crise limítase á “improvisación e máis improvisación”. Logo da presentación dos orzamentos no Parlamento, o responsable socialista explicou que “non atacan o desemprego nin abordan o crecemento económico e incide nos recortes públicos.

Sinalou que é “totalmente falso” que o gasto social supoña o 80 por cento do orzamento, tal e como están a anunciar o presidente da Xunta e a conselleira de Facenda. Dixo que o goberno galego “xoga coas cifras” ao tratar só o gasto non financeiro -8.390 millóns de euros- cando a realidade é que o gasto social reduciuse ao 62,3 por cento do total do orzamento -10.281 millóns de euros-.

González Santín explicou que mentres o gasto social pasou do 70,4 por cento en 2009 ao 62,3 en 2014, a débeda pública disparouse dende o 3,6 por cento en 2009 ao 20,1 por cento en 2014. Advertiu que a débeda supón xa o 16 por cento do PIB, ao ascender ata os 9.397 millóns de euros, o que fai que “un rapaz nacido este ano ten unha débeda de 3.400 euros só da Xunta”.

Dixo que tódalas partidas diminúen salvo o orzamento da Consellería de Vicepresidencia e os opacos “gastos de diversas consellerías”, sen especificar. Mentres, os orzamentos das consellerías de gasto social descenden, 20,7 millóns de euros -0,6 por cento- no caso de Sanidade, 20,9 -1 por cento- en Educación e 13,9 –un 1,9 por cento- no caso de Traballo e Benestar.

O deputado socialista engadiu a caída dos orzamentos da Consellería de Industria -3,5 por cento-, do Parlamento de Galicia -3,4 por cento-, o Consello de Contas -1,8 por cento- ou do Consello Consultivo -1,1 por cento-, mentres a partida destinada ao pago de intereses da débeda crece en 2014 un 17,9 por cento.

Sen previsións

González Santín dixo que os datos presentados polo goberno galego demostran unha xestión “a golpe de improvisación e sen unha auténtica política fiscal nin de gasto público” que mesmo carece das “mais elementais previsións de ingresos e gastos”. Lembrou que o orzamento do goberno galego esquece o previsible traspaso das políticas sociais ás comunidades autónomas, que suporían un gasto adicional de 300 millóns de euros.

Neste mesmo sentido, tampouco recolle os novos axustes dispostos polo goberno de Rajoy, que para Galicia representarán 520 millóns de euros menos para os próximos dous anos.

Criticou que Feijóo “non sabe si ten que subir ou baixar os impostos, non sabe si quere ter un orzamento maior ou mais restritivo” ao anunciar unha rebaixa do IRPF que suporá 36,5 millóns de euros menos de ingresos na mesma semana que anuncia unha suba do imposto de hidrocarburos que suporá 53 millóns de euros mais.

Sinalou que a Xunta rexeita unha sentenza do Tribunal económico administrativo sobre o imposto de transmisións patrimoniais e a recorre para cobrarlle aos parques eólicos o 4 por cento do imposto ao tempo que inclúen no orzamento unha dedución da cota do 92,5 por cento do mesmo. Igualmente, aplican o copago de farmacia hospitalaria pero renuncian a 65 millóns de euros ao non esgotar o teito de gasto.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar