Sinalan que o incremento do desemprego nun 50 por cento en Ourense dende a chegada de Feijóo evidencia o “fracaso estrepitoso” da súa xestión

Sinalan que o incremento do desemprego nun 50 por cento en Ourense dende a chegada de Feijóo evidencia o “fracaso estrepitoso” da súa xestión

Sinalan que o incremento do desemprego nun 50 por cento en Ourense dende a chegada de Feijóo evidencia o “fracaso estrepitoso” da súa xestión

María José Caride esixe que “deixen de enganar á xente con proxectos miragreiros” como o da fábrica de vehículos eléctricos para Melón

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, sinalou que o incremento nun 50 por cento nos datos de desemprego e a caída da riqueza empresarial de Ourense dende a chegada de Feijóo á Xunta evidencia o “fracaso estrepitoso” da súa xestión para a provincia, encabezada polo Plan Impulsa Ourense.

Caride preguntoulle hoxe á Xunta na Comisión de Economía polo nivel de execución deste “suposto Plan” anunciado para dinamizar a provincia e acabar co desequilibro territorial que en realidade nin sequera foi presentado no Parlamento. Advertiu que a realidade é que logo de tres anos e medio de goberno, Ourense pasou dun 9 por cento de paro no segundo trimestre de 2009 a un 20,1 por cento hoxe.

A parlamentaria socialista explicou que o desemprego medrou en mais dun 50 por cento, co agravante de que Ourense acadou por primeira vez a mesma taxa de desemprego que o resto de Galicia, nunha provincia cun índice de actividade moito menor.

A esta situación súmase unha caída da riqueza tres veces mais que no resto de Galicia, de acordo co indicador de riqueza empresarial analizado polo informe Ardan, que advirte dunha caída dun 25 por cento entre 2007 e 2010. Dixo que estes datos evidencian que “si o único proxecto da Xunta para mellorar as condicións de vida dos cidadáns e a actividade empresarial de Ourense é o Impulsa Ourense este fracasou estrepitosamente”.

Dixo que “o goberno galego, en lugar de impulsar a economía de Ourense, está a expulsar os mozos e mozas de Ourense o non proporcionar ningunha alternativa de futuro”. Lembrou que que “a gran vantaxe competitiva que o IGAPE establece para Ourense non son profesionais ben cualificados, servizos empresariais especializados ou I+D+i senón os baixos salarios”.

Enganar á xente

A responsable socialista criticou que a Xunta “o que está facendo é un engano aos galegos” a través deste Plan Impulsa, e sinalou que o conselleiro da Presidencia anunciaba recentemente que tiña en marcha o 70 por cento das actuacións do Plan. Apuntou que, vistos os datos da economía e o emprego da provincia, “obviamente non vale para nada e hai que cambialo”.

Esixiulle á Xunta que “deixen de enganar á xente con proxectos miragreiros” como foi o da fábrica de vehículos de Melón. Sinalou que este proxecto, anunciado por Feijóo na campaña das eleccións municipais, pasou de crear un total de 4.000 postos de traballos, entre directos e indirectos, a “evidenciar que non existe o proxecto e os postos de traballo son cero”.

Advertiu que o goberno galego pasou de dar un calendario de creación de postos de traballo a “descubrir que o Polígono Industrial de Melón, no que supostamente ía instalarse, en realidade non existía”.

Hoxe sabemos, engadiu, que a empresa Xero Tecnology apunta que o primeiro alcalde que consiga un investimento de 6 millóns de euros quédase co proxecto, o que pon sobre a mesa un “incrible exercicio de planificación da Xunta” e deriva nos alcaldes a responsabilidade do investimento nunha actuación “absolutamente intolerable”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar