Sinalan que Feijóo ten “fracasado estrepitosamente” co seu Plan Eólico ao rematar a lexislatura “sen un só mw nin un só proxecto industrial” postos en marcha

Sinalan que Feijóo ten “fracasado estrepitosamente” co seu Plan Eólico ao rematar a lexislatura “sen un só mw nin un só proxecto industrial” postos en marcha

Sinalan que Feijóo ten “fracasado estrepitosamente” co seu Plan Eólico ao rematar a lexislatura “sen un só mw nin un só proxecto industrial” postos en marcha

Méndez Romeu advirte que a Xunta non ten “nada” os 12.000 postos de traballo, os 6.000 millóns de investimento e os 2.300 megavatios anunciados

O portavoz de Economía, Industria e I+D do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, dixo que o Plan Eólico de Feijóo ten “fracasado estrepitosamente” ao rematar a lexislatura “a cero”. O responsable socialista presentou unha pregunta oral en Comisión coa que acusou ao goberno galego de ter paralizado o anterior concurso para concibir un novo “ferido de morte”.

Méndez Romeu advertiu que, logo de que Feijóo paralizara un concurso eólico xa encetado na pasada lexislatura e listo para ser posto en marcha, a lexislatura está a rematar “sen un só megavatio nin un só proxecto industrial” postos en marcha. Advertiu que a Xunta “non ten nada” dos 12.000 postos de traballo, os 6.000 millóns de investimento e 1.000 de recadación ou os 2.300 megavatios comprometidos.

Acusou á Xunta de ter “condenado a un sector emerxente á parálise” ao reiniciar un proceso xa en marcha, o que provocou que se vira afectado de pleno pola supresión das primas ás renovables decretada por Rajoy a primeiros de ano. Sinalou que as propias empresas afirman que, malia non renunciar ás concesións, non investirán un só euro no horizonte actual pola desaparición das primas.

Balance ningún

Lamentou que o goberno galego “non pode presentar balance ningún” xa que nin sequera foron quen de negociar a nova norma das eólicas logo dunha “recorrente e reiterada” belixerancia durante a pasada lexislatura. Lembrou que mentres levaron ao goberno de Zapatero ao Constitucional polo decreto do carbón e falaban de “torpedear” calquera intento de “saltarse ás autonomías”, a realidade foi que “votaron disciplinadamente” ante Rajoy.

Apuntou que este plan eólico demostrou ser “fume”, ao percorrer o camiño que “hoxe está percorrendo o acordo anunciado con Pemex” para salvar aos estaleiros galegos. Méndez Romeu sinalou que a Xunta agocha o contrato con Pemex, mentres un acordo que hai semanas ía ser definitivo, esta fin de semana Feijóo “rebaixa as expectativas” situando a Galicia como “mero estaleiro de confianza para a súa colaboración”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar